Un ano máis o PSdeG-PSOE presenta unha moción sobre a loita contra a violencia de xénero neste día tan sinalado para ser incorporada por urxencia para o debate no pleno desta semana.
Cansados da hipocresía do PP e dos seus dirixentes como o señor Calvelo que son capaces de poñerse un lazito violeta en sinal de loita contra esta lacra social e despois ver como fan un recorte presupuestario sangrante dun 28 % na Lei Integral Contra a Violencia de Xénero nestos anos de Goberno do señor Rajoy. O que supón menos atención, menos sensibilización, menos prevención e máis mulleres que non poden sair da espiral de violencia a que as queren condear os agresores.
MOCIÓN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A
loita contra a violencia de xénero non entende de recortes. A loita contra a
violencia de xénero supón un dos obxectivos que todo Goberno debe ter como
prioritario e fundamental á hora de deseñar as súas políticas, e así o fixo o
Partido Socialista, impulsando leis e políticas activas en prol da igualdade e
contra todo tipo de discriminación. Porque a erradicación desta violencia,
tanto física como sicolóxica, rematará cunha das máis duras e graves lacras da
sociedade actual: a da violencia que exerce o home sobre a muller e, en moitos
casos, sobre as e os seus fillos. Unha discriminación que na súa máxima
expresión violenta chega a provocar a morte da muller a mans da súa parella ou
ex parella.
Os
datos están aí. Nos últimos dez anos, 700 mulleres teñen perdido a súa vida
vítimas da violencia de xénero. Unha cifra escalofriante que debe facernos
reflexionar e abundar sobre as políticas que se están desenvolvendo.
Pero
o que debería ser unha máxima para as administracións, semella que non o é para
o Partido Popular, que está a aplicar os mesmos duros e dramáticos recortes que
no resto de partidas, a maioría no eido social, sanitario e educativo, á loita
contra a violencia de xénero. De feito, a redución do orzamento da Delegación
do Goberno da Violencia de Xénero ten superado o 28% dende a chegada do PP ao
Goberno do Estado. Malia que todos os indicadores –número de denuncias e índice
de retirada das mesmas, así como número de asasinatos sen denuncia, no que vai
de ano máis dun 80%- chaman á alarma, o certo é que a resposta do Partido
Popular son máis de 8,5 millóns de euros menos que en 2011.
Estes
recortes afectan, entre outras partidas, ás axudas ás comunidades autónomas,
que teñen visto reducir os seus recursos dende 2011 nun 24,47%. Pola súa banda,
a Xunta de Galicia, lonxe de suplir estas drásticas decisións estatais, vén de
presentar unha proposta de Orzamentos para 2014 que aplica o maior recorte en
Igualdade dende o ano 2009, pasando do 0,5% do total de 2009 ao 0,12% previsto
para o vindeiro exercicio.
Un
capítulo que merece especial mención polo seu impacto na loita contra a
violencia de xénero é o da prevención. Activar e desenvolver políticas
dirixidas a evitar este tipo de violencia, sobre todo naqueles ámbitos nos que
existe unha maior vulnerabilidade como a mocidade –os datos falan dun alarmante
incremento da violencia nas etapas da adolescencia e da etapa universitaria- ou
o entorno rural, debe converterse nun obxectivo prioritario á hora de poñer
freo a uns datos que non invitan precisamente ao optimismo. E, todo iso,
despois de que se aprobara unha reforma educativa, a chamada LOMCE, que prevé a
eliminación da materia de Educación para a Cidadanía, unha das pezas clave para
a prevención e para a educación de valores como o da igualdade e o do respecto
na etapa do ensino.
Lonxe
de reforzar estes extremos, o Partido Popular está a rachar coas políticas
preventivas en violencia de xénero. Así, mentres as actuacións para a
prevención integral neste eido impulsadas polo Goberno central baixaron un
1,54% con respecto a 2013 e un 28% dende
a chegada de Mariano Rajoy, no caso de Galicia as cifras son demoledoras e
falan por sé mesmas. Por unha banda, porque practicamente suprimen a partida
para a dinamización da igualdade no eido local (promoción da igualdade e
prevención da violencia), pasando de 501.141 a unicamente 150.000 euros) e,
ademais, porque eliminaron a partida de 200.000 euros para a loita contra a
violencia no ámbito universitario.
A
prevención e, xunto con isto, as accións impulsadas polas administracións
locais –as que primeiro actúan nos casos de violencia de xénero e, polo tanto,
adquiren un papel determinante- a través dos Centros de Información á Muller
(CIM), están a ser anuladas por parte dos Gobernos do PP. Un Goberno que ten
previsto continuar con esta usurpación de competencias e recursos aos Concellos
coa aplicación da Reforma da Administración Local, que rematará definitivamente
coas políticas de muller, atención ás vítimas de violencia de xénero e
prevención emanadas dos municipios.
Polo
que, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do
seguintes,
ACORDOS:
1º. Demandar ao Goberno do Estado e á
Xunta de Galicia que muden os seus Orzamentos para 2014 e amosen un compromiso
claro coas políticas relacionadas coa loita contra a violencia de xénero,
mantendo e, no seu caso, incrementando as partidas relativas a potenciar a
igualdade e a loitar contra esta auténtica lacra da nosa sociedade.
2º. Esixir ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia que
manteñan e incluso potencien as actuacións de prevención da violencia de
xénero, nomeadamente naqueles eidos, como son o da adolescencia e mocidade ou
no entorno rural, no que a muller está a sentirse máis vulnerable ante as
diferentes manifestacións do machismo.
3º. Reclamar ao Goberno do Estado que modifique a Reforma
da Administración Local e devolva as competencias e, cando así proceda, os
recursos económicos necesarios, ás administracións locais para que poidan
desenvolver as súas accións de prevención, loita e atención ás vítimas de
violencia de xénero, garantindo a permanencia dos Centros de Información á
Muller, entre outros.
4º. Demandar ao Ministerio de
Educación que non suprima a materia de Educación para a Cidadanía como
ferramenta fundamental á hora de educar aos nosos fillos e fillas nos valores
da igualdade e o respecto. Potenciar as actividades en prol da igualdade nos
centros de ensino e achegar as partidas necesarias para o seu desenvolvemento
nos ciclos educativos de Primaria, ESO e Bacharelato.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.