O Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicítalle ao
Grupo de Goberno do Partido Popular que adecente a zona de paso dos vehículos
pola explanada das festas cara o aparcamento do hipermecado que actualmente
está inaccesible polas obras que se están realizando en dita explanada e que se
podería solucionar pedíndolle a a empresa encargada da obra que manteña o firme
en bo estado coa reposición e pisado de nova zahorra que posibilite o tráfico
dun xeito normal.
Por outra
banda e despois de que o Concello habilitara unha nova zona de aparcamento polo
extremo do CEIP Arteixo que linda co pavillón municipal, dende o Grupo
Municipal Socialista esixímoslle ao señor Alcalde que negocie coa dirección de
dito centro educativo a apertura da porta que está situada neste extremo para
que os pais poidan acceder sen dificultade dende esa zona de aparcamento e se
facilite polo tanto un tráfico fluído durante dita obra.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.