07 septiembre 2017

Martín Seco: “Carlos Calvelo actúa cun grado de irresponsabilidade e caradura impropia do cargo que representa, cando di agora o que foi incapaz de dicirlle ao goberno de Negreira a sabendas de que se estaban realoxando familias como lle advertimos dende o PSdeG-PSOE de Arteixo”


No ano 2014, o PSdeG-PSOE de Arteixo preocupados polos problemas que xeraba unha familia realoxada na rúa Independencia, investigou quen era o responsable de que se atoparan alí e advertiulle ao goberno do PP, máis concretamente á que era a súa concelleira de Servizos Sociais naquel momento, Ana Bello e ao seu alcalde Carlos Calvelo, que o goberno de Negreira en A Coruña estaba realoxando a familias conflictivas no noso concello, dito realoxo se facía por vía da fundación dunha entidade bancaria.

Os socialistas de Arteixo puxémonos en contacto con entidades sociais que antes colaboraban no proceso de eliminación de Penamoa e dixéronos que estaban fondamente preocupados por este programa e o baixo grado de integración que se estaba a conseguir ata o límite que algunha delas xa non colaboraba neste programa.

Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo pedímoslle á Fundación responsable do realoxo que solucionase a situación que vivían os veciños dese edificio e dende o goberno local nos pediron discreción, para non incrementar os problemas de convivencia que existían no noso concello,  o que menos pensábamos dende o PSdeG-PSOE de Arteixo é que despois de actuar coa discreción esixible ao cargo que representamos, unha vez que trocara o goberno do Concello de A Coruña e deixase de gobernar o PP de Negreira, a Carlos Calvelo se lle esgotase a responsabilidade e unha vez máis buscase fora do noso concello os problemas que ten dentro, o mesmo que fai coa instalación do vertedoiro de Santa Icía, co lixo, coa auga, cos accesos,...

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.