10 noviembre 2017

O PSdeG-PSOE DE ARTEIXO SOLICITA A INSTALACIÓN DE VARIAS PISTAS MULTIXOGOS E REDES BAIXO A CUBERTA DO CAMPO DA FESTA E A CUBRICIÓN DE TODO O PARQUE INFANTIL INSTALADO NESE LUGAR, ASÍ COMO O DO ORZAMENTADO ANTERIORMENTE.


O voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo, Martín Seco, propúxolle na derradeira comisión de asuntos do pleno ao Grupo de Goberno, a instalación de varias pistas multixogo ao longo da cuberta do campo da festa, para que nenos de diversas idades poidan xogar ao mesmo tempo a fútbol, baloncesto ou patinar, ademais pediu que por motivos de seguridade debérase instalar unha rede baixo esta cuberta para evitar que os balóns se aloxaran na cuberta e os rapaces non subiran a ela cos posibles accidentes que puideran suceder.

Por outra banda, aproveitou para recriminarlle ao goberno local que non seguira adiante coas propostas feitas polo Partido Socialista para cubrir varios parques infantís municipais, deixando o do lado do campo da festa sen a instalación dunha cuberta, cando inicialmente aceptaran a proposta de cubrilo e a eliminación da inversión que figuraba nos presupostos para cubrir un dos parques infantís ao lado da igrexa, actuacións que mellorarían a calidade de vida das familias do noso concello e axudarían a dinamizar a vida de ocio e afixación de poboación en período de lecer.  Nesta reunión pediulle ao goberno de Calvelo que volvese a recuperar estas propostas para desenrolar en vindeiras datas.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.