18 diciembre 2017

O GOBERNO DO CONCELLO DE ARTEIXO CONVIRTE UNHA VEZ MÁIS O ORZAMENTO DE 2018 NUNHA CARTA A PAPA NOEL

Cada ano que pasa o goberno de Carlos Calvelo supera ao anterior en materia de participación e transparencia, este xoves pasado o Grupo Municipal Socialista de Arteixo recibiu o documento de orzamentos para 2018, só a tres días da Comisión que o ditamina e a unha semana do pleno de aprobación, deses tres días que tivemos, dous son en fin de semana e polo tanto inhábiles para poder facer as consultas pertinentes, difícil para un grupo que non ten dedicacións exclusivas e nestas datas poder preparar coa seriedade necesaria un documento desta importancia.

Por enriba de todo isto, atopámonos cun anexo de investimentos que fala de partidas de inversións en lugares do noso concello onde non consta que teñamos terreos á nosa disposición, nin memorias valoradas que documenten a inversión a realizar. O grupo de goberno do PP fala de previsións de obras a desenrolar, sen saber onde e como facelas, polo que podemos estar falando dun documento cheo de desexos como se fose unha carta a Papa Noel, que queda moi ben cando se lle envía aos medios de comunicación e despois desvanécese, como as múltiples partidas que tódolos anos se presentan aos cidadáns e non tardan seis meses en ser cambiadas por outras menos necesarias. 

No desenrolo do Plan Novoarteixo cos fondos europeos do DUSI, o Grupo de Goberno foi incapaz de explicarlle nin unha soa medida a desenrolar neste 2018 á oposición nin na Comisión Informativa de hoxe nin previamente, incumprindo o prometido de que este plan se desenrolaría en traballo conxunto cos grupos da oposición, dende o Grupo de Goberno din que non teñen decidido aínda a que dedicar estes fondos, incidindo aínda máis no antes relatado, un orzamento abstracto e dificilmente analizable pola cidadanía. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.