19 enero 2018

Martín Seco solicita ao Grupo de Goberno do PP que derrogue a ordenanza da plusvalía, renuncie ao cobro dunhas liquidacións que están declaradas contra dereito polos tribunais e deixe de aplicar dobre vara de medir cos administrados afectados por dito imposto


O voceiro socialista cree que o Goberno Local debera anticiparse aos problemas, como fixeron outros concellos do noso entorno como As Pontes e renunciar aos 300.000 euros orzamentados nos ingresos de 2018 coa “PLUSVALÍA” IIVTNU, antes de que as reclamacións presentadas colapsen o departamento de tesourería, de ter que aboar os posibles intereses derivados da devolución deste imposto ou incluso ter que pagar as costas xudiciais derivadas de reclamacións contra o cobro deste. O Tribunal Constitucional en sentenza de data 16 de Febreiro de 2017 declarou inconstitucionais e nulos os artigos 107.1 e 107.2.a) da LHL, na medida en que sometan a tributación situacións de inexistencia de incrementos de valor. 

En sentenza do Tribunal Supremo ante o recurso de casación presentado polo Concello de Cuenca fronte a unha sentenza ditada polo Xulgado do contencioso de Cuenca de 2015 establece que a única interpretación posible do artigo 107 da LHL é aquela que impida gravar transmisións nas que o valor do terreo non se incrementou. E hai que lembrar que é o lexislador o único que pode decidir como se determinará a partir de agora, cando existe incremento de valor do terreo. A sentenza implica que a fórmula de cálculo do artigo 107 da LHL xa non pode aplicarse, entendo, a ningún suposto. E é que tal e como está exposta dita fórmula, gravaríanse situacións nas que non se manifestou capacidade económica algunha. A sentenza recalca a imposibilidade de aplicar a fórmula de cálculo como viña facendo ata agora de forma xeral e a todas as transmisións que se realizan. A partir de agora, debe interpretarse en clave constitucional, respectando o principio de capacidade económica.

En sentenza emitida polo Xulgado do Contencioso núm. 2 da Coruña do 30 de Xuño de 2017, o xulgado condena ao concello para devolver aos recorrentes as cantidades abonadas por este concepto, advertindo que ao declararse inconstitucional o precepto que daba por feito que sempre hai aumento do valor da propiedade, non é o contribuínte o que teña que probar que non o houbo, "senón que é a Administración que recada a que debe probar a súa concorrencia". Ademais para o maxistrado a declaración de inconstitucionalidade dos artigos da Lei de Facendas Locais e a súa nulidade " incondicionada e non se limita tampouco a uns concretos escenarios nos que o cálculo da base impoñible determine a inexistencia de plusvalía". Segundo a sentenza, ao ser inseparables o método de cálculo da base impoñible do imposto e a súa normativa, que foi declarada inconstitucional, as liquidacións da plusvalía "aparecen en todo caso como contrarias a dereito".

Ante este panorama e tendo en conta a situación de superávit do noso concello, Martín Seco pídelle ao Grupo de Goberno que tome a decisión de derogar este imposto e espere a que o Goberno do Estado e a FEMP cheguen a acordos para implementar un novo imposto adaptado á lei, renunciando aos 300.000 euros orzamentados no 2018, tal e como o Grupo Municipal Socialista pediu nas alegacións ao orzamento recentemente aprobado.

Xa no mes Marzo de 2017 o Grupo Socialista pediu por vía dunha moción que o Grupo de Goberno do PP tomase decisións nesta materia e asesorase aos veciños afectados sobre a situación a que se enfrentaban e atopámonos que se está a proceder cunha dobre vara de medir entre os administrados, deixando sen información sobre a posible ilegalidade do imposto a aqueles que deciden liquidalo, recordemos a situación vivida por una veciña no caso dunha dación en pago que tivo que pagar fraccionada e por outra banda paralizando os expedientes daqueles que non o pagan e o reclaman, algo inadmisible para quen debe velar pola igualdade de trato entre os seus veciños.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.