20 marzo 2018

Arteixo necesita urxentemente máis médicos no servizo de urxencias e a cobertura das baixas e vacacións dos de atención primaria

O Grupo Municipal Socialista en Arteixo ven de presentar unha moción para pedirlle urxentemente ao goberno da Xunta de Galicia do PP que poña máis médicos no PAC de Urxencias de Arteixo, que no goberno socialista de Touriño do ano 2008 tiña dous facultativos e agora conta só con un, causando a falla de atención cando xurden urxencias externas ao centro de saúde que fan que o servizo quede baleiro de médicos. Tamén reclamamos máis inversión para a contratación de máis facultativos que cubran as baixas e as vacacións dos médicos de familia e especialistas do noso centro de saúde, algo demandado por toda a veciñanza que usa a nosa sanidade pública e que teñen que soportar colas interminables pola saturación á que a Consellería somete ao resto dos médicos ao ter que atender cupos de outros facultativos.




EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
       
A Atención Primaria deixou de ser una prioridade para o Sistema Nacional de Saúde, con graves consecuencias asistenciais e socioeconómicas, esta situación agravouse polas restricións orzamentarias e o troco de modelo que o Partido Popular está a impoñer. Pasamos de ter un sistema sanitario envexado polos países máis desenrolados economicamente, baseado no fortalecemento da Atención Primaria e no concepto de servizo público básico e esencial dos dereitos dos cidadáns, ata convertelo nun sistema que, coa escusa da situación económica do noso país, quérese desmantelar e privatizar. A crise da sanidade é consecuencia dunha crise institucional e económica e non ao revés.

A sanidade española está inmersa nun duro proceso de recortes e privatizacións impulsados polos gobernos neoliberais a nivel central e nos diferentes territorios. Convén facer algunhas reflexións sobre cales son os intereses e quen sae ganando ca privatización e quen vai perder neste proceso.

Quenes gañan son as grandes aseguradoras, a industria farmacéutica e de tecnoloxía sanitaria que teñen a oportunidade de ampliar o seu negocio e os que perden son os cidadáns en xeral que sufrimos os recortes nos dereitos sanitarios, que debemos pagar máis por unha asistencia sanitaria que antes se financiaba con impostos e que agora teremos que contratar seguros privados para complementar a menor oferta de servizos da atención sanitaria pública. Perden as persoas con menos recursos, desempregados, parados, os pensionistas que verán dificultado o acceso as prestacións sanitarias por carecer de cartos para afrontar os múltiples copagos. Perden as persoas maiores, os enfermos crónicos, os discapacitados que necesitan máis atención sanitaria e maiores recursos terapéuticos e rehabilitadores. Perden os profesionais e traballadores da Sanidade que perderon salarios, dereitos laborais, estabilidade no emprego e postos de traballo. Perde tamén a economía española que cos recortes nos servizos sanitarios e socio-sanitarios reduce os postos de traballo que estimularían a economía e reducirían a elevada taxa de desemprego.

Hai que lembrar que os sistemas públicos universais e accesibles son necesarios para manter a forza do traballo que se asocia a mellores niveis de desenrolo económico e social.

Os médicos de Atención Primaria están soportando cargas de traballo excesivas, que en moitos casos se ven incrementadas pola falta de contratación de substitutos para cubrir as ausencias por vacacións dos seus compañeiros. As patoloxías non se van de vacacións, pero os médicos sí.

A nivel asistencial a Atención primaria sufre as peores consecuencias porque non se está a substituir aos facultativos, polo que os médicos vense obrigados a dobrar quendas para cubrir aos compañeiros ou cérranse consultas, como ocorre no centro de saúde de Arteixo e cando os especialistas están de vacacións ou están de baixa por Incapacidade Temporal, non se cubre a súa praza tendo que desprazarse os usuarios aos concellos limítrofes ou esperar a súa volta. Ademais temos que observar a caída dos efectivos médicos de urxencia do PAC de Arteixo, que pasou de ter 2 efectivos durante o goberno do 2008 a un só facultativo na actualidade, 10 anos despois e cun radio de acción importante, esta situación fai que en multitude de momentos este servizo está desasistido, por ter que saír o único facultativo a algunha urxencia e deixar durante horas sen ninguén aos que esperan a ser atendidos de urxencia.


Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes ACORDOS:

Instar á Consellería de Sanidade:

A dotar dun financiamento suficiente e adecuado a Atención Primaria (AP) para conservar a calidade asistencial xa que o exercicio da profesión médica nestas condicións tan adversas podería causar un incremento de erros médicos involuntarios.

Ofrecer unha maior capacidade de xestión aos profesionais de AP para conseguir a equidade e a eficiencia na xestión porque quen mellor coñece a forma de mellorar o sistema, de facelo costo-eficiente, son precisamente os médicos e profesionais.


Recuperar o segundo médico do PAC de Urxencias de Arteixo.



No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.