26 marzo 2018

Rogo do Grupo Municipal Socialista pola situación do vial que atravesa o futuro Polígono de Morás

Despois de varias iniciativas plenarias e ante a Deputación de A Coruña, XESTUR e a Xunta de Galicia seguen a mirar para outro lado ante a situación que viven os usuarios do vial que pasa polo futuro Polígono de Morás, compre que o goberno do PP en Arteixo presione á Xunta de Galicia e XESTUR para que tomen medidas sobre a situación de inseguridade que viven os noso cidadáns e que axilicen unha obra tan necesaria.



ROGO
Despois de anos de inactividade e aparente abandono do Polígono de Morás, e o vial que o atravesa Xunta de Galicia, a través de Xestur retoma as obras de acondicionamento cunha adxudicación realizada en abril de 2017 cun cronograma de 10 meses.
A día de hoxe, a estrada que discorre pola zona segue a ser un vial provisional con abruptos desvíos, badenes que fan bate-los coches, inmensas fochancas, curvas imposibles, sinalización insuficiente, iluminación nula e, en definitiva, unha vía de comunicación moi utilizada pola cidadanía e que supón un risco máis que evidente para a circulación e a vida das persoas. Máxime si engadimos os temporais destes días que diminúen a visibilidade, incrementan o estado esvaradizo do “firme”, máxime tendo en conta toda a lama espallada polos camións de obra que circulan por ela.
Dende o Grupo Municipal Socialista non é a primeira vez que denunciamos a situación desta estrada e, a través do Grupo Parlamentario Socialista, realizaremos as pertinentes preguntas e accións para que a Xunta de Galicia explique o por que desta situación, que accións ten pensado realizar e por que, unha vez máis, trata ó Concello de Arteixo e á súa cidadanía como cidadáns de segunda 

       Dende o noso Grupo Municipal desexamos rogarlles:
·                             Que o Concello de Arteixo eleve unha protesta por escrito ante Xestur e a Xunta de Galicia polo estado intrasitable e de perigo para as persoas no que se atopa a estrada DP-0512
·                             Que o Concello de Arteixo esixa da Xunta de Galicia e de Xestur o arranxo inmediato da estrada que atravesa o Polígono de Morás así como a súa sinalización e iluminación que minimice os riscos para as persoas usuarias da mesma.
·                             Que o Concello de Arteixo esixa á empresa concesionaria das obras a toma-las medidas de seguridade en canto á entrada e saída dos camións de obra, a limpeza da estrada e cantas aquelas sexan precisan para asegura-la seguridade da estrada.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.