09 marzo 2018

Martín Seco “Na loita contra a brecha salarial ou a violencia de xénero non existen atallos, ou se está o non se está, non se pode ser feminista para poñer un día un lazo e ao día seguinte non facer nada pola igualdade entre homes e mulleres”

O PSdeG-PSOE de Arteixo acusa ao alcalde e aos concelleiros do PP de contraprogramar a Folga Feminista e non participar na concentración do 8 de Marzo 

Vimos de observar como unha vez máis o grupo de goberno do PP, coa súa abstención, deixa que se aprobe unha moción no Pleno do Concello que pide o apoio explícito á folga feminista do 8 de Marzo, para posteriormente contraprogramar os actos reivindicativos dos colectivos feministas e nin tan sequera participar na concentración que se celebrou diante do Concello onte ás 12:00.

“Na loita contra a brecha salarial ou a violencia de xénero non existen atallos, ou se está o non se está, non se pode ser feminista para poñer un día un lazo e ao día seguinte non facer nada pola igualdade entre homes e mulleres” declarou o voceiro do PSdeG-PSOE, Martín Seco, que botou en falla a sensibilidade do goberno municipal e en especial do alcalde nesta celebración do 8 de Marzo.

“Dende o Grupo Municipal Socialista Goberno, estaremos vixiantes para o cumprimento dos acordos da moción do pleno pasado onde se pide a elaboración dun estudo/informe sobre a situación laboral e salarial  dos traballadores e as traballadoras do Concello, no que se recollan ademais as medidas adoptadas en materia de igualdade laboral ou  as que se teñan que establecer no seu caso, ao obxecto de erradicar as posibles discriminacións nesta materia e a elaboración e presentación para a súa aprobación dun Plan de Igualdade específico para os traballadores e traballadoras do Concello, no que figuren as diferentes medidas a adoptar para eliminar calquera discriminación de xénero e contemple as medidas que se consideren ao obxecto de facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal” declarou o voceiro socialista, que ademais anunciou que o seu grupo preguntará no próximo pleno se é certa  a existencia dunha denuncia por acoso dunha traballadora municipal a un concelleiro do PP e se tiveron que activarse protocolos de acoso por dito motivo

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.