02 marzo 2018

O PSdeG-PSOE de Arteixo pregúntase en que caixón estará gardado o prometido traslado das liñas de alta tensión de Sol y Mar


Despois de que o alcalde Carlos Calvelo prometese no ano 2011 o traslado das liñas de alta tensión de Sol y Mar e que no ano 2014 anunciase que nun ano comezarían as obras de traslado, os veciños de Sol y Mar seguen esperando preocupados polas promesas incumpridas do seu rexedor.

No ano 2014, o Concello dixo que Red Eléctrica redactaría o proxecto e que o Concello con colaboración da Xunta de Galicia financiarían a obra, pero dende aquela non tivemos máis noticias sobre un asunto onde tódolos grupos estábamos dacordo.

Descoñecemos se Rede Eléctrica redactou o proxecto e se non é así descoñecemos as iniciativas do goberno municipal para que dito traslado siga avanzando, xa que o problema urbanístico xa non existe e só se necesita vontade política para efectualo.

No próximo pleno ordinario preguntaremos sobre dita cuestión e solicitaremos que o goberno local convoque á Plataforma de Afectados para informarlles de como va o trámite de traslado, nun problema enquistado dende fai décadas e que debería de ser prioritario para salvagardar a saúde dos veciños deste barrio e os usuarios do colexio e pabellón deportivo de Galán

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.