28 marzo 2018

Preguntas sobre o traslado das liñas de alta tensión de Sol y Mar e os continuos movementos de persoal no departamento de urbanismo e un suposto expediente de acoso dunha traballadora deste departamento ao Concelleiro delegado

                          

PREGUNTAS ESCRITAS

Despois de que o alcalde Carlos Calvelo prometese no ano 2011 o traslado das liñas de alta tensión de Sol y Mar e que no ano 2014 anunciase que nun ano comezarían as obras de traslado, os veciños de Sol y Mar seguen esperando preocupados polas promesas incumpridas do seu rexedor.

No ano 2014, o Concello dixo que Red Eléctrica redactaría o proxecto e que o Concello con colaboración da Xunta de Galicia financiarían a obra, pero dende aquela non tivemos máis noticias sobre un asunto onde tódolos grupos estábamos dacordo.

Descoñecemos se Rede Eléctrica redactou o proxecto e se non é así descoñecemos as iniciativas do goberno municipal para que dito traslado siga avanzando, xa que o problema urbanístico xa non existe e só se necesita vontade política para efectualo.

        Dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

  • ¿Cómo está o trámite do traslado das liñas de alta tensión en Sol y Mar?
  • ¿Van a convocar á Plataforma de afectados como lles solicitaron por escrito?


Dende o Grupo Municipal Socialista observamos como son continuos os movementos dalgúns traballadores deste concello, como se levan a cabo continuas obras de reacondicionamento dos locais municipais para facer e desfacer locais e traer e levar a traballadores dun lado para outro, detectamos entre o persoal traballador deste concello un certo malestar por este motivo e non entendemos que está a pasar sobre todo no departamento de urbanismo. Tamén somos coñecedores da existencia dun expediente de posible acoso laboral contra o concelleiro de urbanismo por parte dunha traballadora dese departamento. 

        Dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

  • ¿Qué está a pasar neste concello para os continuos cambios do persoal dun lugar para outro, sobre todo no departamento de urbanismo?, ¿Qué pasa co departamento de disciplina urbanística e onde van a ubicar ás súas traballadoras?, ¿Existe un expediente de suposto acoso laboral a unha traballadora de urbanismo por parte do Concelleiro delegado, e cales son os motivos?  

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.