28 marzo 2018

Rogo pedindo a devolución da plusvalía a unha familia de Pastoriza como pide o Valedor do Pobo e a derogación de dito imposto



ROGO
O día 8 de Marzo o Grupo Municipal Socialista recibía a veciña Silvina Gorgoroso ante a problemática polo cobro dunha plusvalía nunha situación de dación en pago dunha vivenda de Pastoriza, aproveitamos esa visita para axudarlle a presentar unha reclamación da cantidade reclamada polo noso concello, nun imposto declarado contrario a norma constitucional polo Tribunal Constitucional, presentamos nese momento unha moción pedindo que se estableceran mecanismos para paralizar e asesorar aos afectados polo cobro dun imposto “posiblemente” ilegal e nas alegacións ao orzamento de 2018 solicitamos a súa derrogación ante os derradeiros fallos dos tribunais que están a invalidar dito cobro.
Tivemos noticia polos medios de comunicación que o Valedor do Pobo solicitou deste concello que exima a esta familia de Pastoriza de pagar os 663 euros polo tributo de la plusvalía municipal por entregar a súa casa ao banco para cancelar parte da súa hipoteca. O Valedor argumenta que o Concello, responsable do cobro da plusvalía, debe realizar "unha interpretación flexible dos requisitos estipulados na norma" co fin de non "desvirtuar" o espírito da mesma. "Parece que a vontade do lexislador foi facilitar que as familias afectadas polo pago deste tributo puidesen beneficiarse da exención sen ver coartado o seu dereito por rigorosos formalismos", indica o Valedor. Este organismo advirte de que "a aplicación estrita dunha norma podería comportar paradoxicamente o incumprimento da mesma cando do rigor formalista derívase un descoñecemento da vontade expresada con claridade polo lexislador.
A institución tamén sinala que "entra dentro do razoable e previsible" que as familias que entregan as súas vivendas ao banco para cancelar unha hipoteca "non esperen ao momento exacto" da firma do acordo para así poder atopar outra residencia.  A familia afectada debía abandonar a súa casa o 20 de xaneiro de 2017, co que decidiu alugar un piso e empadroouse nel o 23 de decembro de 2016 para dar de alta a luz e a auga. Esta familia residiu na súa anterior vivenda preto de 12 anos.

        Dende o noso Grupo Municipal desexamos rogarlles:


  • Despois de escoitar sen éxito as peticións deste grupo que lles escribe e ante a petición dunha entidade como o Valedor do Pobo, rogámoslles que dean marcha a tras e eximan á familia de Silvina Gorgoroso do pago desta plusvalía.
  • Que derroguen o imposto de plusvalía, despois de ver como os tribunais están a ditaminar en contra do seu cobro ao declaralo inconstitucional e tendo en conta que están a atascar o  departamento de tesourería e terán que proceder a devolver o cobrado irregularmente en datas vindeiras.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.