11 abril 2018

O GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE DE ARTEIXO SOLICITA AO GOBERNO LOCAL QUE PROXECTE A INSTALACIÓN DE PUNTOS DE ACCESO INALÁMBRICO A INTERNET EN ESPAZOS PÚBLICOS, E SOLICITE PARA ELO OS FONDOS INCLUIDOS NA INICIATIVA WIFI PARA EUROPA DA UNIÓN EUROPEA.



O Grupo Municipal Socialista de Arteixo, aproveitará a próxima Xunta de Voceiros para facerlle unha proposta ao grupo de goberno local e ao resto dos grupos da corporación co fin de facer sen dilación un proxecto de instalación de puntos de acceso inalámbrico a internet (WIFI) en espazos públicos do noso concello, para elo deberamos solicitar a inscripción do noso concello na Iniciativa “WIFI para Europa”, pola cal a Unión Europea financia ditos proxectos.

O voceiro municipal, Martín Seco dixo que “os socialistas estamos a levar a cabo un mandato cheo de propostas que melloren a vida dos cidadáns, a misión do goberno local debe de ser facilitar o acceso a internet a todos, independentemente da súa capacidade económica e que mellor para facelo que nos espazos públicos da nosa localidade, prazas, parques ou bibliotecas”. O voceiro engadiu, “a nosa localidade debe de ser punteira no uso das novas tecnoloxías e nos servizos que ofrece aos nosos cidadáns, polo que esperamos que o goberno local vexa con bos ollos dita proposta e aproveite o prazo de inscripción dado pola UE para participar neste proxecto ao igual que fixemos cando forzamos ao grupo de goberno a facer o proxecto do DUSI que ao final supuxo 5 millóns de euros para tódolos veciños”.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.