13 abril 2018

O NÚCLEO DE SUEVOS NECESITA QUE O CONCELLO ACTIVE UNHA SOLUCIÓN AOS CONTINUOS PROBLEMAS COA SÚA REDE DE SANEAMENTO.



O Grupo Municipal Socialista de Arteixo, solicita ao goberno do Partido Popular que actúe con celeridade para solucionar os graves e continuos problemas que ten o núcleo de Suevos cando chega o período de chuvias. O voceiro Martín Seco declarou que “despois de sete anos de goberno, Calvelo non pode mirar para outro lado ante unha situación lamentable, polo que debería de proxectar solucións que impidan que os rexistros se levanten e se encha todo de lixo cada vez que cae un pouco de chuvia”.

O núcleo de Suevos segue a espera das grandes inversións prometidas por Calvelo no ano 2011 e que ata o de agora quedaron en acabar de executar o que o propio Partido Popular bloqueara reiteradamente no goberno do PSOE e TEGA.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.