05 mayo 2018

O goberno local debe dinamizar e mellorar Monticaño, nun estado de total abandono, así como evitar novos roubos como o sucedido onte, 4 de maio

Van case sete anos dende a chegada do PP de Carlos Calvelo ao goberno local de Arteixo, e foron continuas as promesas de actuación na mellora e dinamización do Parque de Monticaño en Pastoriza, pero os cidadáns seguen a esperar por feitos que melloren a calidade deste fermoso parque do noso concello e unha mellora na dinamización e aproveitamento dun lugar con múltiples posibilidades.







Lonxe de actuar nunha mellora das súas instalacións o Grupo de Goberno apostou por manter únicamente o mantemento que fan os rapaces de APEM, pechar as instalacións hosteleiras e ver como pasa o tempo polo mobiliario deste parque, emblemático do noso concello.

Dende o Grupo Socialista facemos un chamamento ao goberno municipal para que actúe, mellore as instalacións do parque, manteña aquelas que xa existen e dinamice unha zona de grandes posiblidades para o lecer dos nosos veciños e achegados doutros lugares sen demora. 

Novo roubo o pasado 4 de maio

Asimesmo, e tras coñecer que o venres 4 de maio os/as traballadores/as encargados/as do mantemento e repoboación do parque atoparon que persoas descoñecidas roubaran o sistema de rego por aspersión, o programador, plantas e realizaran diversos destrozos dentro da instalación e dos semilleiros e plantas que alí tiñan, e que estes feitos non son puntuais xa que, segundo lle dixeron a este Grupo Municipal, veñen ocorrendo regularmente dende que non hai ningún tipo de vixilancia no devandito parque, presentaremos preguntas no pleno.

En canto detectaron a situación, o encargado comunicoullo á súa empresa que, á súa vez, trasladoullo ó Concello. Sobre as 10:00 este Grupo Municipal trasladouse a ver in situ e falar cos/as traballadores sobre o acontecido, permanecendo no Monticaño algo máis dunha hora, tempo durante o cal non vimos a ningún responsable municipal nin a Policía Local facéndose cargo da situación.










Ante esta situación que se repite no tempo, o Grupo Municipal Socialista realiza as seguintes
PREGUNTAS:

• Estase a denunciar ante as autoridades pertinentes os roubos e destrozos nas instalacións do Parque Forestal do Monticaño?
• Que medidas de seguridade vanse adoptar para evitar estes roubos e destrozos que se están a levar a cabo de forma habitual?

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.