02 mayo 2018

OS SOCIALISTAS DE ARTEIXO SOLICITAN A MELLORA DA MOBILIDADE PEATONAL DOS NÚCLEOS URBANOS



O Grupo Municipal ven esixindo ao Grupo de Goberno do PP a creación dun verdadeiro Plan de Mobilidade para os núcleos urbanos de Arteixo, que actúe nas mallas urbanas do noso concello e faga posible a comunicación peatonal coa seguridade  e facilidade para aqueles que teñen máis dificultade na súa mobilidade, veciños con capacidades diferentes, familias con carritos e os nosos maiores.

No ano 2018 e nun concello con posibilidades inversoras non podemos permitirnos o luxo de ver como os nosos núcleos son cárceres para aqueles que teñen máis dificultades para moverse, compre que calqueira cidadán do noso concello poida ir á compra, a tomar un café, ao noso centro de saúde ou a facer un trámite administrativo sen que as barreiras poñan en perigo a súa integridade física. O Voceiro Socialista, Martín Seco, declarou que “para saír da cómoda posición que viven os concelleiros do PP, invita ao Grupo de Goberno a saír da Casa do Concello e tratar de chegar ao Alto de Arteixo pola Baiuca, de chegar ata Candame pola Travesía de Arteixo, de ir ao novo desenrolo comercial de Gundín, de achegarse cara a zona das repúblicas ou de ir ata o ambulatorio sen ter que recorrer un laberinto da rúas e xogarse a vida en cada rincón”

Son moitas as ocasións que nestes derradeiros 7 anos o Grupo Socialista pide ao PP a sentarse a desenrolar un verdadeiro proxecto de mobilidade para os núcleos de Meicende, Vilarrodís, Pastoriza ou Arteixo e facelo pensando en aqueles que máis dificultades teñen para moverse, maiores, nenos, xente con problemas de mobilidade e familias con carritos, pero o Grupo de Goberno semella estar máis cómodo nun urbanismo pensado para uns poucos que para dotar aos nosos cidadáns dun modelo de desenrolo pensado para todos.

Unha vez máis pedimos ao PP que faga un esforzo por actuar sen demora na mobilidade urbana ao mesmo tempo que actuamos na mobilidade dos nosos núcleos rurais e a necesaria capacidade de poder camiñar con seguridade nas nosas parroquias.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.