13 junio 2018

Martín Seco “O Goberno Local de Arteixo non pode seguir dilatando a falla absoluta de regulación que existe coas terrazas dos nosos locais hostaleiros”


O PSdeG-PSOE de Arteixo acusa ao Grupo de Goberno de inacción ante un problema que temos dende fai moitos anos e que xa no ano 2013 pedíamos regular e facemos un chamamento ao Goberno Local para que convoque a Xunta de Voceiros onde poidamos poñer en común as necesidades dunha regulación que solvente os problemas que ten a cidadanía e o os profesionais da hostalaría

O Grupo de Goberno do PP ven dilatando dende fai 5 anos a regulación das terrazas de hostalaría do noso concello mentres moitos cidadáns sufren a falla de regulación con serios problemas de mobilidade e respecto polo seu descanso e os profesionais da hostalaría a propia falla de normas para saber se poden ou en que condicións poden instalar e traballar nos espazos públicos.

Dende o Grupo Municipal Socialista instamos a que o Grupo de Goberno tome a iniciativa convocando a Xunta de Voceiros para desenrolar unha norma que debería de ser consensuada entre todos e que debería facerse sen apriorismos e cun debate serio e profundo sobre unha situación que xenera moita controversia, non podemos atoparnos unha vez máis coa chegada do verán sen poñer polo menos enriba da mesa cales son os horarios de apertura e peche destas instalacións, cales son os espazos públicos onde poden instalarse e como deben de ser estas instalacións.

O Partido Popular non pode esconderse detrás da oposición para tomar as decisións que os cidadáns lle encargaron cunha maioría absoluta que deben xestionar, e así o fan cando lles interesa. Esperamos que o PP, tome a iniciativa para non ter que ser a propia oposición a que volva a sacar este debate en pleno e sexan capaces de convocarnos e sentarnos todos en torno a unha mesa para aportar as nosas ideas e darlle solución ao que están a converter nun problema de convivencia.  

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.