26 junio 2018

Sobre as novas aparecidas hoxe con relación á regulación das terrazas

Ante as información aparecidas hoxe nos medios de comunicación, o grupo Municipal Socialista de Arteixo quere aclarar un par de cuestións:
  1.  O único acordo que existe para regular con relación ás terrazas da hostelería de Arteixo é sobre o horario de apertura de ditas instalacións, que será transmitido aos propietarios dos locais de ocio para ser debatido con eles.
  2. Nas dúas reunións realizadas pola corporación municipal de Arteixo, o Grupo de Goberno non quixo abordar o tema e quedou pendiente, pese a insistencia do noso grupo en facelo con premura, esperamos que en datas próximas teñan a ben continuar co proceso de regulación das terrazas, despois de que o Grupo Socalista puxese enriba da mesa a súa opinión.
Saúdos e grazas

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.