17 julio 2018

Martín Seco “Arteixo necesita que a biblioteca non peche no verán en horario de tarde e habilite unha zona de estudio para @s xóvenes do concello”

O PSdeG-PSOE de Arteixo solicítalle ao Goberno Local que busque a solución para os problemas que xorden co peche da biblioteca pública central en horario de verán.



Dende o Grupo Municipal Socialista non entendemos como o Goberno Local segue sen dar solución a unha reivindicación que fai a xuventude de Arteixo que se atopa sen un lugar onde poder estudar nos meses de verán, tanto para aqueles que teñen que afrontar o proceso da selectividade, como para aqueles que necesitan dun lugar para afrontar os exámenes finais de Xuño e Xullo e os posteriores de Setembro.

O Goberno Local do PP debe habilitar unha fórmula para poder corrixir este déficit e facer que no período estival se habilite unha sala de estudio que se podería cubrir con persoal en prácticas, becarios ou traballadores que puideran atender as necesidades básicas desta instalación, ademais de ir buscando unha mellor solución a longo prazo que faga que Arteixo teña os servizos dun concello de máis de 30.000 habitantes.

O Grupo Municipal Socialista volverá a levar este rogo ao Pleno Municipal de Xullo , xa que para nós é indispensable poder dar os servizos necesarios aos cidadáns e non se pode falar dun concello do século XXI sen aportar solucións a este tema, nunha administración que goza ademais de capacidade económica para levala a cabo.  

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.