18 julio 2018

Solicitamos a implantación de puntos de recarga para vehículos eléctricos e a electrificación da flota municipal

O Partido Socialista de Arteixo, como mostra do seu compromiso polo medio ambiente e a economía verde, vai solicitar ao goberno local no próximo pleno a instalación de puntos de recarga públicos para vehículos eléctricos en puntos determinados do concello nos cales poden ser moi utilizados.

Ademais, concreta que estes puntos deben cumprir 3 premisas: ser sostidos con enerxías renovables, ser de acceso directo e sinxelo, como unha gasolineira tradicional, sen requirir a adquisición de tarxetas exclusivas para o servicio, e ter un prezo razoable para o usuario, en relación cos custos de mantemento e da enerxía.

Os socialistas tamén impulsaremos a electrificación da flota municipal cando sexa necesario efectuar renovacións na mesma, pois os custos de operación e mantemento destes vehículos son moito menores que nos tradicionais.

Ademais, e como demostran os datos de ANFAC (Asociación Nacional de Fabricantes de Automóviles y Camiones), a compra de vehículos eléctricos (que axudan a limitar o ruído e a contaminación derivada da circulación) non para de medrar.

Un aire máis limpo repercute directamente na saúde dos habitantes, reducindo a acumulación de elementos nocivos no organismo e o risco, por tanto, de padecer enfermidades relacionadas.

Segundo Simón López “os socialistas debemos apoiar modelos de transporte máis sostibles, que teñen unha das súas bases nos vehículos impulsados por enerxías limpas, coma a eléctrica”.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.