08 agosto 2018

Martín Seco “O Concello de Arteixo a instancia do Grupo Municipal Socialista procederá a iniciar o irmandamento cunha Daira do Campo de Refuxiados Saharaui”


O PSdeG-PSOE de Arteixo agradece ao resto dos Grupos Municipales de Arteixo o apoio e implicación no inicio dos trámites para proceder a irmandar ao Concello de Arteixo cunha Daira da República Árabe Saharaui Democrática, co fin de colaborar co goberno saharaui nos problemas que se atopan a cidadanía  dos campos de refuxiados e as zonas liberadas. 


 O Concello de Arteixo por unanimidade aprobará o inicio dos trámites do irmandamento do noso concello coa Daira “Der Tiegisit” do territorio saharaui, co fin de colaborar co goberno saharaui en proxectos de amizade, solidariedade, asistencia e auxilio mutuo e intercambio cultural recíproco, así mesmo asinará un convenio de colaboración para este 2018, no que atenderá a alerta alimentaria manifesta pola Luna Roxa Saharaui con preto de 30.000 euros para un stock de emerxencia que abastecerá a unhas 125.000 persoas das preto de 173.600 que se atopan refuxiadas nese territorio.

Dende o grupo Socialista queremos agradecer ao resto dos grupos o apoio a esta iniciativa e felicitarnos porque Arteixo se incorpore aos concellos que solidariamente colaboran en proxectos de desenrolo para a poboación máis necesitada do planeta e esperamos que esta sexa o inicio dunha colaboración longa no tempo que beneficie a ambos pobos.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.