07 agosto 2018

Martín Seco “Pedimos que o Concello de Arteixo axilice a colocación dos novos colectores e poña en funcionamento os mecanismos de participación e información que dende fai 3 anos tiña que ter planificado coa saída do Consorcio”

O PSdeG-PSOE de Arteixo pídelle un esforzo ao Grupo de Goberno do PP na aplicación do novo sistema de recollida do lixo, na colocación dos novos colectores, a recollida nos locais de hostalaría e aplique os mecanismos de participación e información que prometeu que desenrolaría e agora vemos que funcionan unha vez máis de xeito improvisado.



Unha vez que o goberno local estableceu o novo sistema de recollida do lixo e despois de máis de 3 anos que tomaran a decisión de abandoar o Consorcio das Mariñas, vemos unha vez máis que a improvisación e a falla de planificación reinan na nosa administración, non se puxeron mecanismos axeitados de información ao usuario sobre o novo sistema, non se aplicaron mecanismos válidos de participación cidadá para a colocación dos colectores e o persoal que comezou a traballar no servizo de recollida é claramente insuficiente.

Preguntámonos que fixeron nestes tres anos para que un servizo diferente non comece con bo pé, unha situación indesexable para o Grupo Socialista, e na que o Grupo de Goberno debería implicarse, facendo algo máis que prometer unha rebaixa anual de 30 euros nas facturas e traballar para conseguir unha mellor separación do lixo e unha mellor calidade de vida para os cidadáns de Arteixo que ven estes días como o lixo e os malos olores invadan as nosas rúas.

Por outra banda, pedímoslles colaboración e implicación aos cidadáns no novo sistema, xa que sen eles será imposible que se poidan acadar éxitos que redundarán na calidade de vida da nosa veciñanza e resulta inaprazable que o Grupo de Goberno vixile os continuos verquidos de enseres voluminosos que aparecen no noso territorio e que dende fai anos son continuos en diferentes zonas do concello, por exemplo na rúa Touriñana en Meicende, Suevos ou a aldea de Oseiro, onde diariamente aparecen mobles e chatarra acumulada sen que o Concello tome medidas para evitar que os responsables deixen de atentar contra o resto da veciñanza.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.