25 agosto 2018

O PSOE solicitou en Xunta de Voceiros a instalación dun punto de luz programada nas mesas de ping-pong e xadrez da Praza das Viñas, e novos elementos lúdicos nos parques de Arteixo



O Partido Socialista de Arteixo, despois de escoitar a reivindicación lóxica dun grupo de xóvenes do concello, solicitou ao goberno local en Xunta de Voceiros a instalación dun punto de luz con programador horario na praza de As Viñas, de xeito que se poidan utilizar as mesas de xadrez e ping-pong existentes en horario no que non exista luz solar e ata unha hora prudencial como as que están instaladas na explanada dese parque.



Asimesmo, imos solicitar a instalación de novas mesas (de similares características) nas zonas recreativas do noso concello, para complementar e ampliar a oferta de ocio saudable e próximo que alí existe.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.