14 agosto 2018

ROGO PEDINDO SANEAMENTO E TRAÍDA NO MONTE ACIVEIRO


Dende fai 7 anos a totalidade da corporación arteixá pactamos aprobar por unanimidade as obras que pechen a rede de traída e sumidoiros do noso rural e a renovación onde xa exista e sexa necesario proceder a ela. No Monte Aciveiro na parroquia de Armentón no seu límite con Larín, algúns veciños detectaron que os pozos dos que consumían a auga potable están contaminados e non conteñen auga apta para o consumo humano, seguramente derivado da cuantiosa pluviosidade deste inverno, este barrio carece de traída e saneamento na actualidade e os veciños atópanse nunha situación crítica, xa que non poden usar os pozos privados e teñen medo a ser contaminados no lavado persoal, da louza ou dos alimentos que consumen. A administración fai poucas datas procedeu a levar auga e saneamento aos barrios veciños e polo tanto non debera ser moi custoso achegalo ata este barrio.

Por todo isto, ROGAMOS á Concellería de Obras que se comprometa a levar a cabo con premura as obras necesarias para dotar a este barrio dunha necesidade básica que debera ser atendida pola nosa administración.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.