28 septiembre 2018

“O PSdeG-PSOE de Arteixo reclama a recuperación do antigo camiño que une Oseiro con Rañobre e a fonte ubicada nel”

O Grupo Municipal Socialista denuncia o lamentable estado do antigo camiño entre Oseiro e Rañobre.

A veciñanza denuncia o estado de abandono no que se atopan, tanto o camiño público como a fonte ubicada nel o que o fa intransitable para as numerosas persoas que o usan como comunicación entre Rañobre e Oseiro ou para pasear cos cans.


O Grupo Municipal Socialista reclama a urxente limpeza e acondicionamento tanto do camiño como da fonte para uso e goce de toda a veciñanza


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.