02 octubre 2018

“O PSdeG-PSOE de Arteixo pídelle ao grupo de goberno que actue convocando de urxencia a Xunta de Seguridade Local para evitar que unha persoa siga atemorizando ao barrio de SolyMar”

Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicitámoslle ao grupo de goberno do PP que tome a iniciativa na situación de falla de seguridade que se vive no barrio de Solymar en Oseiro, derivado do comportamento incívico dun dos seus veciños que se dedica a ter atemorizada á cidadanía, con agresións, ameazas e danos nas súas propiedades.

Está ben esperar que a xustiza actúe con premura pero os veciños do barrio necesitan sentir a presenza da Policia Local e que dende a Concellería de Seguridade convoquen canto antes a Xunta de Seguridade Local para coordinar coas forzas e corpos de seguridade do estado as actuacións para evitar que un só cidadán manteña unha situación de inseguridade permanente entre toda a veciñanza.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.