04 octubre 2018

“O Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo, Martín Seco, reúnese co Ministro de Fomento para poñerlle de manifesto os problemas do noso concello derivados dos accesos ao Porto Exterior de Langosteira e pedirlle que fomente o diálogo entre administracións para a búsqueda de solucións beneficiosas para esta comarca e a súa economía”

No día de onte, o Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo, Martín Seco, aproveitou a visita do Ministro de Fomento, Jose Luis Ábalos, a Galicia para ter unha conversa sobre os problemas do acceso por estrada ao Porto Exterior de Langosteira e transmitirlle as reivindicacións lexítimas do Concello de Arteixo neste tema.


Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo seguimos coa nosa teima de buscar vías de diálogo entre administracións para darlle a mellor solución ao enlace coa autovía do Porto, como di o noso voceiro “só co diálogo entre as administracións central, autonómica e local podemos conseguir a apertura dunha mesa de negociación que avalíe a posibilidade de actuar sobre a peaxe do tramo da autopista AG55 competencia da Xunta de Galicia”


A conversa fluída co Ministro de Fomento e outras que se levaron a cabo coa Delegación do Goberno en Galicia e Demarcación de Carreteras, esperamos que continúen proximamente con outros responsables de Fomento en Madrid, ao mesmo tempo que esperamos que o noso alcalde Carlos Calvelo convenza aos responsables da Xunta de Galicia para que teñan a mesma predisposición a poñer da súa parte nunha estrada que é da súa competencia e que ten unha peaxe baixo concesión do Goberno de Feijoó, peaxe que é un atranco para o desenrolo económico e social da comarca coruñesa e de Bergantiños.


Tamén aproveitamos para transmitirlle a necesidade de comezar coas obras do acceso ferroviario a dito porto e que os grupos parlamentarios do Congreso aproben uns orzamentos do estado que inclúan partidas que o goberno de Rajoy tivo paralizadas durante os sete anos que durou o seu goberno.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.