A
realidade demográfica en Galicia é preocupante en canto ó relevo xeneracional o
que nos leva a elevados datos de poboación maior de 65 anos. Malia que Arteixo
é unha illa nesta tendencia, posuíndo unha alta taxa de natalidade, tamén é
certo que ten un número importante de persoas maiores. Así, según se desprende
dos datos do ano 2017 do Instituto Galego de Estatística, e centrándonos na
franxa de idade de 65 ou máis anos en Arteixo temos as seguintes cifras:
IDADES
|
HOMES
|
MULLERES
|
65-69
|
687
|
733
|
70-74
|
584
|
628
|
75-79
|
362
|
440
|
80-84
|
334
|
434
|
>85
|
204
|
435
|
TOTAIS
|
2171
|
2670
|
4841
|
Nos
datos ofrecidos polo IGE do ano 2017, a poboación de Arteixo era de 31.854
habitantes o que supón que o colectivo de persoas maiores de 65 anos é o 15’20%
do total da poboación. Nos últimos tempos, o número de persoas maiores con
dependencia está en aumento, así como o número de persoas maiores que viven
soas ou que as súas familias non poden atendelos por motivos sociolaborais ou
calquera outro motivo. As administracións públicas teñen así a responsabilidade
de velar pola poboación en xeral e da que se atopa en risco, en particular e,
si falamos de persoas maiores, a Xunta de Galicia, con competencias na materia
é a responsable da creación e xestión dos centros de día e as residencias para
persoas maiores ben con medios propios, ben coa colaboración, mediante
convenios con entidades de iniciativa social.
Así en
febreiro de 2015 comezou o proceso da creación dunha escola infantil, unha residencia
de maiores e un centro de día, coa sinatura do
convenio entre a Fundación Amancio Ortega, o Consorcio Galego de Servizos de
Igualdade e Benestar e o Concello de Arteixo para a súa construcción.
Xusto
dous anos máistarde, a Fundación Amancio Ortega e o Consorcio Galego de
Servizos de Igualdade e Benestar asinan a doazón dos edificios construidos
pasando así a ser parte do patrimonio do ente público.
No
Pleno de 31/07/2017, o Concello de Arteixo aproba o convenio de colaboración co
Consorcio para a xestión e financiamento da escola infantil e, en sesión
plenaria do 14/05/2018 son aprobados o convenio de colaboración entre o
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Arteixo
para a xestión e cofinaciamento do centro de día e centro de atención
residencial, así como as correspondentes ordenanzas de condicións de acceso e
prezo público de ámbolos dous servizos.
Con
data 28/06/2018 o Consorcio anuncia na Plataforma de Contratos a licitación do
servizo de xestión do centro de día e o centro residencial de Arteixo. En
reunión mantida pola Mesa de Contratación o 20/09/2018 despois de ter valoradas
as ofertas, decide elevar á Vicesecretaría Xeral Técnica da Consellería de
Política Social a documentación técnica de todas as ofertas presentadas coa
finalidade de que emita informe valorativo.
Dende
entón, non hai máis noticias sobre o estado da licitación nin data prevista de
apertura e posta en marcha do servizo de centro de día e centro residencial
malia que xa, dende 2017 houbo anuncios, tanto por parte do Concello como da
Consellería de Política Social da súa apertura a finais do ano 2017.
Dende
o Grupo Municipal Socialista rogamos:
·
Que dende o
Goberno Municipal se dean as explicacións pertinentes á cidadanía e a este
Grupo Municipal en relación á demora da apertura da Residencia e Centro de Día
de Maiores de Arteixo
·
Que dende o
Goberno Municipal se apremie á Xunta de Galicia á finalización do procedemento
e á posta en funcionamento deste recurso tan necesario para Arteixo.
·
Que se nos
faciliten os datos das solicitudes presentadas ante o departamento de Servizos
Sociais tanto para o centro de día como da residencia.
Que se
nos faciliten os datos das solicitudes de traslado de persoas previamente
censadas en Arteixo que actualmente están en residencias noutras localidades
galegas.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.