10 noviembre 2018

Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo): “A nova xestión da recollida do lixo está sendo un desastre, cando os propios concelleiros e os asesores do goberno teñen que andar día tras día metidos nos contenedores”


Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo xa advertimos fai 4 anos que a saída do Consorcio das Mariñas e o inicio da xestión propia de recollida do lixo tiña que ter unha boa planificación para poder garantir un servizo axeitado para a nosa cidadanía.

Lonxe de sentarse a planificar e buscar solucións para este servizo que prestaba o Consorcio das Mariñas dun xeito deficiente, o Grupo de Goberno do PP semella que traballou en implantar un sistema atractivo para facer propaganda cara os medios de comunicación, cunha suposta recollida selectiva máis eficiente, un sistema máis cómodo e doado cara aos veciños e moito máis económico para as súas carteiras, pero atopámonos coa realidade, eliminando practicamente a reciclaxe nas zonas rurais do noso concello cun único contenedor de restos, unha mala colocación dos contenedores novos e unha falla absoluta de sensibilidade para os veciños que presentan as súas queixas e dubidamos moito de que sexa máis rentable para as carteiras dos veciños, que pagaran “por decreto” algo menos nas súas facturas, pero posiblemente paguen o restante por vía dos seus impostos.

Os problemas son numerosos: A obsesión por planificar un sistema, onde só unha empresa podía subministrar os contenedores e os vehículos de recollida, non permitiu a competencia e polo tanto encareceu o contrato, ademais de abrir a porta a supostos amaños na contratación. A subrogación dos traballadores dunha empresa en activo sen as garantías legais oportunas, pon en risco a continuidade dos traballadores e pode traer consecuencias xudiciais innecesarias para o grupo de goberno do PP como di a Fiscalía na denuncia presentada por este órgano no ámbito xudicial. A falla de planificación na recollida fai que non se poidan instalar illas de contenedores nas zonas rurais e moitas das zonas urbanas do concello pola incapacidade dos vehículos actuais de acceder a estas localizacións. A falla de políticas de información e participación fai que moitos veciños descoñezan o sistema de recollida actual e a necesidade de utilizar ben os contenedores para evitar o rexeitamento da recollida por parte das empresas que os xestionan. A falla de capacidade de negociación puxo en risco a planta de residuos de Nostián e a dos seus empregados, moitos deles arteixáns, tendo que levar o lixo ata un sistema de incineración como o de SOGAMA.

Como declara o noso voceiro Martín Seco: “Algo funciona mal cando existe tanto enfado na veciñanza de Arteixo polo actual servizo de recollida e cando os concelleiros do  PP e os seus numerosos asesores teñen que andar polas noites revolvendo nos contenedores para separar o lixo”, ademais engade, “esperamos que tomen as medidas oportunas para facer deste sistema algo positivo e non como na municipalización do servizo de augas que conseguiu que a cidadanía escape de consumir a auga sucia que subministra o concello

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.