28 noviembre 2018

ROGOS AO GOBERNO LOCAL POLA OBRA DO TROCO DE SENTIDO DAS RÚAS GUERRA DA INDEPENDENCIA E RECONQUISTA E POLO APARCAMENTO DE VEHÍCULOS PESADOS NO CASCO URBANO E MARXES DO POLÍGONO




ROGO TROCO DE SENTIDO NAS RÚAS GUERRA DA INDEPENDENCIA E RECONQUISTA
Dende o Grupo Municipal Socialista descoñecemos se a obra do cambio de sentido das rúas Reconquista e Guerra da Independencia está rematada e recepcionada. Se é así os veciños que circulan por esas rúas, xunto coa Travesía de Arteixo onde entroncan ambas, están preocupados pola falla  do pintado dunha cuadrícula amarela como zona de prohibido estacionamento para poder circular dende cada unha das rúas cara a Travesía ou o revés.
         Dende o noso Grupo Municipal desexamos rogarlles que o Goberno do Concello articule con brevidade unha solución a esta mala planificación da obra e pinte a cuadrícula amarela na Travesía de Arteixo no entronque coas rúas Guerra da Independencia e Reconquista



ROGO APARCAMENTO DE VEHÍCULOS PESADOS NO CASCO URBÁN E NAS MARXES VIARIAS DO POLÍGONO

Unha vez suprimido por parte do propietario da parcela baleira sita fronte a rotonda de onde se sitúa a empresa Pescanova, un aparcadoiro ilegal de vehículos pesados. Ditos vehículos están estacionando dentro da zona urbana do concello e nas marxes viarias do polígono, facendo incluso perigoso circular porque o seu tamaño invade parte da vía. O concello ten as competencias en materia de circulación viaria no noso concello e debe tomar medidas contra esta situación.

O Grupo Municipal Socialista roga ao responsable do Departamento que actúe de inmediato neste tema para evitar o continúo incumprimento das normas de circulación e convivencia derivadas de esta situación e busque solucións para o solucionar este problema de estacionamento dos vehículos pesados no noso termo municipal.   

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.