05 enero 2019

Martín Seco García “A situación na piscina municipal volveuse insostible coa nova empresa concesionaria, ante un goberno local que mira para outro lado mentres se despiden traballadores e non se da un servizo axeitado aos usuarios”



Aínda non fai catro anos que o Concello de Arteixo puxo a funcionar a nova piscina municipal, cun coste de preto de uns catro millóns de euros para as arcas municipais, dende que se procedeu a reforma o PSdeG-PSOE pediulle ao Grupo de Goberno do PP que pensase nunha xestión propia, vía empresa municipal de deportes como teñen concellos limítrofes, que fixese que os usuarios e clubes deportivos fosen os principais beneficiarios dunha millonaria infraestrutura que era a súa principal oferta electoral.

Os trocos na empresa concesionaria Be one, manexada por fondos de inversión que só buscan o beneficio sen preocuparse polos dereitos dos traballadores e a comodidade dos usuarios, fixo que as condicións fosen empeorando baixo a inmobilidade do grupo de goberno de Calvelo, que semella cómodo nunha situación insostible para os nosos cidadáns. Fai uns meses denunciábamos os problemas derivados dun mal acondicionamento dos vasos das piscinas que facía que usuarios e deportistas dos clubes de Arteixo tivesen problemas de saúde e facíamos esa denuncia conscientes de que a empresa concesionaria podería estar aforrando costes enerxéticos a cambio da salubridade dos usuarios, pero a situación non fixo máis que empeorar, condicións lamentables dos vasos, desaparición de máquinas no ximnasio, falla de persoal para apoiar aos usuarios, auga e vestiarios fríos, incomodidade dos usuarios ante o trato dos novos xestores, ata chegar ao punto de despedir fai poucas datas a tres traballadores desta instalación sen unha xustificación argumentada e que fai que os traballadores poidan ter que acudir á folga para defender os dereitos deste colectivo laboral.

Dende o PSdeG-PSOE pedímoslle valentía ao PP, que non abandone aos traballadores da piscina como fixo coas traballadoras do servizo de axuda a domicilio, que sexa duro nas negociación coa empresa concesionaria para evitar os despidos e que se respecten as condicións laborais destes, que se supervise un funcionamento correcto das instalacións e a súa salubridade e que se mostre esa valentía como se fixo co servizo de augas,  planificando a municipalización dun servizo que debe estar en mans dos cidadáns de Arteixo e non nas mans de quen só intenta lucrarse a costa dos cartos da nosa cidadanía, se non o fai o Goberno Local, dende o PSdeG farémolo a partir de Xuño se os cidadáns nos dan a súa confianza, non se pode estar lanzando anuncios de construción de novas piscinas, cando son incapaces de garantir unha situación de normalidade nunha infraestrutura que nos costou aos cidadáns de Arteixo catro millóns de euros apenas fai catro anos.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.