04 enero 2019

Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Nunha reivindicación lexítima e que apoiamos tódolos grupos políticos de Arteixo, o PP debera poñer todo o seu interese en forzar a negociación coa Xunta de Galicia e Ministerio de Fomento, xa que incluso ganando a demanda plantexada o resultado non será a eliminación da peaxe da AG-55 en Pastoriza”


Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo fomos os que no seu día propuxemos ao Grupo de Goberno do PP en Arteixo a posibilidade de plantexarlle ao Ministerio de Fomento gobernado naquel momento polo PP a elección da alternativa cero no Estudio Informativo de prolongación do acceso ao Porto de Langosteira, que consiste en non facer ningunha infraestrutura e continuar coa peaxe en sombra, pero sempre coa necesidade de que as tres administracións, Concello, Xunta e Ministeriode Fomento se sentasen a negociar a eliminación da peaxe da AG-55 en Pastoriza, algo que non recolle dito estudio.

A eliminación dunha peaxe introducida con mentiras polo goberno do PP na Xunta de Galicia, cando se construía unha autovía libre de peaxe que beneficiaría aos cidadáns das comarcas coruñesa, de Bergantiños e da Costa da Morte é esencial para o desenrolo das comarcas costeiras e o eixe industrial entre A Coruña e Carballo, sendo ademais o tramo A Coruña-Arteixo un eixe esencial para a comunicación da gran urbe de A Coruña, a eliminación dos excesos de tráfico nun gran concello industrial como Arteixo e a solución ao tráfico pesado en lugares como Meicende/Pastoriza e Suevos.

Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo xa mantivemos reunións na Demarcación de Estradas, Delegación do Goberno en Galicia e no propio Ministerio de Fomento para plantexarlles a necesidade de abrir unha mesa de diálogo na que tódalas administracións deberan buscar a mellor solución dun porto que debe estar comunicado con Madrid por unha vía de alta capacidade estatal, plantexamento que foi recibido e incluído nos temas de conversación coa Xunta de Galicia que é actualmente o propietario de dita infraestrutura e que ten unha concesión da súa xestión a unha empresa privada.

A necesidade de negociación é a única solución desexable para os cidadáns de Arteixo e as comarcas veciñas, ademais de selo tamén para as empresas e industrias que teñen a súa actividade neste importante polo industrial, porque en ningún caso o estudio informativo inclúe a eliminación dunha peaxe que non é propiedade do Estado ao pertencer á Xunta de Galicia. A denuncia plantexada só pode facer caer o estudio informativo dunha nova infraestrutura que non é desexable e que non vemos con malos ollos, pero en ningún caso suporá a eliminación da peaxe de Pastoriza, algo que o alcalde Calvelo está a transmitir contándolles unha mentira aos cidadáns de Arteixo que sabemos que a única opción pasa pola negociación e o acordo entre administracións, sobre todo da Xunta de Galicia que é a propietaria de dita infraestrutura.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.