27 febrero 2019

O PSdG-PSOE de Arteixo pide a convocatoria da Comisión de seguimento do DUSI e o aprazamento das reunións cos veciños en plena precampaña electoral



Martín Seco: “Calvelo non debera utilizar algo de todos como o DUSI para facer a súa campaña electoral, antes compre convocar por primeira vez a Comisión de Seguimento e cumprir os compromisos adoptados”



“Non se pode estar parado durante dous anos e convocar ás asociacións de veciños tres meses antes das eleccións, nun acto de propaganda electoral e sen ter aínda realizado a primeira reunión dunha Comisión de Seguimento do DUSI entre os grupos do concello que consensuamos o DUSI”

Dende o Grupo Municipal Socialista pedimos a formación da Comisión de Seguimento do DUSI, algo que foi pactado e consensuado co alcalde e a persoa responsable do proxecto europeo, Jose Manuel Campana e que seguimos a espera de que se convoque para ver o desenrolo dos proxectos articulados nun DUSI pactado entre todos e que semella que unha vez conseguidos os fondos esquecen a participación.

O que non é de recibo é que se convoque aos veciños a tres meses das eleccións con meros fins electorais, ante o incumprimento da promesa electoral do transporte veciñal a demanda que xa dende o 2011 Calvelo dixo que ía a desenrolar e segue sen funcionar a día de hoxe.

Se quere participación, que convoque a Comisión de Seguimento e posteriormente reunións cos veciños nos que poidamos participar todos os representantes no concello.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.