13 abril 2019

O PSOE de Arteixo considera unha “gran noticia” que a Deputación da Coruña estude a creación dunha zona franca para loitar contra a desindustrialización


“Desde o grupo local plantexamos a Valentín González Formoso a necesidade de poñer en marcha medidas que dinamicen a vida económica e protexan o sector nun eixo industrial, polo que consideramos que esta zona franca é moi necesaria e debe ter como epicentro Arteixo”, expón Martín Seco, voceiro do PSOE de Arteixo


 Arteixo, sábado 13 de abril.-

A Deputación da Coruña acaba de dar os primeiros pasos para a creación dunha zona franca na Coruña e a súa área metropolitana. Unha decisión que, o PSOE de Arteixo considera unha “gran noticia”, que da resposta as cuestións que plantexaron no seu día ao presidente da institución provincial.

“Desde o grupo socialistas arteixán expuximos a Valentín González Formoso a necesidade de poñer en marcha medidas que dinamicen a vida económica e protexan a nosa industria. Defendimos un eixo industrial máis aló da perspectiva dun só municipio que favoreza o crecemento económico e a creación de postos de traballo en toda a zona”, expón Martín Seco, voceiro do PSOE de Arteixo. “O presidente provincial mostrouse de acordo connosco e púxose a traballar no que hoxe son os primeiros pasos dunha zona franca”.

O socialista considera asemade que o eixo central desta zona franca debe ser Arteixo. O municipio debe “ser o epicentro dadas as grandes infraestruturas como o Porto Exterior, o futuro polígono de Morás ou o de Sabón, que sen dúbida serán o principal motor económico da cidade e o seu contorno”, conclúe Seco.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.