27 mayo 2019

Martín Seco: “Os socialistas de Arteixo iniciamos onte o camiño da remontada ao lograr seis concelleiros”




O PP de Arteixo mantén a maioría absoluta aínda que perde un concelleiro, mentres que o PSdeG-PSOE conseguiu seis edís, fronte os catro de 2015. “Para nós, onte comezou o camiño da remontada”, afirmou Martín Seco, que engadiu que os socialistas irán “paso a paso, traballando cada día pola cidadanía de Arteixo e para dar a coñecer o noso proxecto e gañarnos a confianza da veciñanza. Queremos dar as grazas ás 3.929 persoas que nos deron o seu apoio, 1.616 más que fai catro anos”.

Seco indicou que “tras a campaña sucia que fixo o PP usando recursos públicos, polo que foi apercibido pola Xunta Electoral, e por utilizar a imaxe e o nome dunha empresa, esperamos e exixiremos que cumpran o prometido”, subliñou Seco.  “Participaron nunha rolda de prensa onde só se firmaba un protocolo para a chegada de Estrella Galicia ao concello como se estiveran garantidos 600 postos de traballo que anunciaron por todo o alto na súa campaña. Agora, deben poñerse mans a obra e demostrar aos veciños e veciñas que iso non era só fume”.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.