15 mayo 2019

O PSdeG-PSOE comprométese a poñer un plan de eliminación de barreiras arquitectónicas en unha rede de camiños seguros para escolares - Municipais




O plan de mobilidade que os socialistas teñen para Arteixo abarca áreas como o transporte público,  accesibilidade e  a seguridade peonil. O programa socialista inclúe a posta en marcha dun programa de eliminación de barreiras arquitectónicas e a eliminación do estacionamento de camións nas zonas urbanas, buscando aparcadoiros alternativos. Apuntan que a veciñanza de núcleos como Meicende levan anos pedindo esta medida que permita  mellorar a seguridade dos peóns. Nesta liña, crearán máis sendas peonís nas parroquias e apostan pola posta en marcha de camiños seguros para os escolares e o servizo de pedibús.

“É necesario fomentar o transporte público para ter municipios máis sostibles e para que haxa máis usuarios temos que ter un transporte que cubra as necesidades da cidadanía”, expón Seco. Para elo, o PSdeG-PSOE quere negociar “unha posible unificación do servizo de transporte público” coa Coruña, ademais de rematar a rede de transporte interparroquial.

Comprométense a aprobar unha ordenanza de terrazas que regule a ocupación do espazo público. “Queremos que unha persoa en cadeira de rodas ou cun carriño de bebé podan pasar sen dificultade, ao tempo que negociaremos cos hostaleiros para non prexudicalos. Hai que evitar os conflitos e que todos se rexan polas mesmas normas, algo que o PP ten sido incapaz de facer en oito anos de maioría absoluta”, apunta Martín Seco, candidato á Alcaldía de Arteixo.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.