14 mayo 2019

O PSdeG-PSOE creará a Policía Verde para controlar os vertidos e a contaminación en Arteixo - Municipais #26M



A reciclaxe é un eixo importante no apartado de sustentabilidade do programa electoral socialista con medidas como a construción dunha planta de reciclaxe, minipuntos limpos e un punto limpo móbil para o rural




O apartado de sustentabilidade do programa electoral do PSdeG-PSOE inclúe a posta en marcha da Brigada Verde dentro da Policía Local que vixiará e controlará os vertidos e a contaminación. “Non é a única proposta que temos para loitar contra actuacións contaminantes. Para facilitar o correcto tratamento de residuos, poñeremos en marcha minipuntos limpos e un punto limpo móbil para o rural. Aínda que é un reto difícil, esperamos que con estas dúas medidas poidamos loitar e poñer fin aos vertedoiros incontrolados, entre outros problemas medioambientais do municipio”, afirma Martín Seco, candidato á Alcaldía de Arteixo.

O PSdeG-PSOE considera fundamental manter os leitos fluviais en bo estado. “Construiremos un paseo no contorno do encoro do Rexidoiro (Sabón) con postos de observación ornitolóxica e que estea preparado para a práctica deportiva”, explica Seco.

O Arteixo Sostible que defenden os socialistas inclúe a creación dunha planta de caracterización e reciclaxe. Fomentar acordos con establecementos comerciais para fomentar a ecoloxía urbana e a electrificación da flota de vehículos municipais e a construción de puntos de recarga de vehículos.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.