23 mayo 2019

O PSdeG-PSOE dotará de zonas públicas aos barrios “abandonados do PP” como Candame, A Catuxa, Baer ou a zona de Pescanova - Municipais #26M



Os socialistas impulsarán espazos de lecer na travesía de Arteixo e un aparcamento subterráneo na Unidade de Actuación número 5


“Exixiremos melloras nos centros de saúde e a eliminación da peaxe de Pastoriza”, subliña Martín Seco



Os socialistas dotarán aos barrios de espazos de ocio como Candame, A Catuxa, Baer ou a zona de Pescanova. “Levan oitos anos de abandono por parte do  PP, e nós queremos que todos os núcleos teñan zonas verdes de convivencia interxeneracional”, explica Martín Seco, candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía.

No caso do núcleo de Arteixo, os socialistas propoñen dotar a travesía de Arteixo de zonas públicas de lecer como prazas ou parques, integradas co resto da zona centro de Arteixo. O proxecto detalla que impulsarán a construción dun aparcamento subterráneo na Unidade de Actuación número 5, entre a travesía de Arteixo e a rúa Camiño dos Cabalos. Neste mesmo ámbito, o PSdeG-PSOE proxecta a construción da Casa das Artes.

Por outra banda, os socialistas expoñen unha serie de medidas que, conscientes de que dependen de terceiros, sinalan que exixirán ás administracións responsables como “as melloras nos centros de saúde e o incremento do seu  persoal ou a eliminación da peaxe de Pastoriza”, subliña Seco.

Tamén exixirán a construción dunha nova escola e instituto no municipio;  novas especialidades da FP en Arteixo e pedirán o uso das instalacións deportivas dos centros escolares fora do horario lectivo. Os socialistas solicitarán unha oficina de emprego en Arteixo, impulsarán a conexión de Meicende e Suevos coa autovía de acceso ao porto. Insistirán na construción das beirarrúas, pasos de peóns e mecanismos para a diminución de velocidade nos puntos máis urbanizados da AC-552.

Reclamarán unha maior protección da veciñanza de Uxes das vías do tren e continuarán coa legalización do núcleo de Suevos. En relación co transporte público, os socialistas solicitarán a recuperación das vellas vías do tren para uso público, ademais de impulsar un proxecto de transporte público metropolitano.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.