12 julio 2019

Denunciamos os continuos cortes eléctricos do centro de Arteixo


Dende o Grupo Municipal Socialista consideramos que se debería dar unha solución aos continuos cortes eléctricos que se están a sufrir no centro de Arteixo.

Estes cortes eléctricos, de curta duración, están a causar problemas serios aos veciños deste núcleo de poboación, e perdas económicas e de tempo aos pequenos negocios e empresas -que ven como as máquinas se apagan e non poden traballar, e como teñen que reiniciar constantemente as súas instalacións-. 

Non hai día no que dito núcleo non sufra caídas eléctricas, e sen embargo o goberno local segue sen transmitir publicamente o problema que existe e cales son as xestións realizadas para solventalo e garantir un servizo de calidade por parte das distribuidoras eléctricas -probablemente porque non xestionaron nada-. 

Mentres tanto, a veciñanza espera, moi enfadada,  solucións.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.