07 agosto 2019

Martín Seco solicita a dimisión do concelleiro José Mª Sánchez Novo tras as súas declaracións de onte


O Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo, Martín Seco, solicita a dimisión ou cese do Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro delegado da área de Seguridade Cidadá, José María Sánchez Novo, tras as súas inaceptables  declaracións en referencia ao incendio con vítimas mortais sucedido onte na Avenida Alcalde Manuel Platas Varela de Vilarrodís.

Os socialistas consideramos que os cargos públicos deben desempeñar as súas funcións sempre con total conciencia da responsabilidade que ostentan, e resulta inaceptable que o Concelleiro de seguridade trate un accidente tan triste dese xeito tan soez, sen respectar á vítima, á súa familia, e aos afectados/as por enfermidades mentais como o Síndrome de Dióxenes.

"¿En que irresponsables  mans están informacións tan sensibles, seguramente en investigación xudicial e que afectan á vida privada da veciñanza?",  pregúntase Martín Seco

Asemade, o Grupo Municipal Socialista preguntará se os servizos sociais eran coñecedores da existencia dunha problemática social nesa vivenda, se contamos con suficientes recursos, para atender e axudar a outros casos similares a este que poden estar a ocorrer, e cal é o protocolo que seguen nos mesmos.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.