05 agosto 2019

Solicitamos ao goberno a reparación e adecuación das pistas deportivas de Chamín


Nas últimas datas veciños e usuarios das pistas deportivas de Chamín puxéronse en contacto connosco para comunicarnos a súa preocupación por varias deficiencias nas mesmas -que levan tempo sen repararse-.

O Partido Socialista de Arteixo considera que a veciñanza debe dispoñer de instalacións deportivas públicas nas mellores condicións para fomentar tanto un estilo de vida saudable como -e especialmente nestas datas- un ocio alternativo para a xente xoven, así como un perfecto estado de revista para os turistas.

Por todo iso, solicitaremos a súa reparación e mellora urxente, nos seguintes puntos:
  • Instalación correcta das mesas de pícnic.
  • Mantemento e mellora da zona verde.
  • Substitución das redes de protección exterior, de porterías e de canastas.
  • Substitución das madeiras e demais elementos faltantes, así como mantemento das mesmas.






No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.