23 septiembre 2019

Moción cambio papeleiras, instalación baños e fontes e aluguer de bicicletas nos paseos de Arteixo


As papeleiras situadas en boa parte do noso concello, especialmente nos paseos fluviais e no marítimo Sabón-Combouzas, foron deseñadas sen mecanismos de retención do lixo, de xeito que coa chegada das inclemencias climatolóxicas normais nesta parte do país, como os ventos que sopran no noso territorio e as fortes chuvias, están ocasionando que o lixo remate tirado polos arredores e o que é moito peor, que o lixo “plásticos” acaben na canle dos ríos e ao final nas nosas depuradoras ou directamente no mar, un dos grandes problemas que está sufrir o noso planeta . 

Ademais atopámonos coa inexistencia de baños públicos no transcurso destes paseos e a falla de fontes de auga en funcionamento para poder refrescar aos cidadáns que pasean polos seus percorridos. Así mesmo dende o Concello debéramos promocionar os nosos paseos e con eles o noso turismo coa existencia dalgún sistema de aluguer de bicicletas. 

Polo anteriormente exposto, esta Corporación Local insta o Goberno Local a:

    1. Proxectar e orzamentar un plan de trocos nas papeleiras presentes no noso concello, para evitar a saída de lixo delas, prioritariamente nas canles dos ríos e na fachada marítima.

    2. Proxectar e orzamentar a instalación de baños e fontes públicas no entorno dos noso paseos fluviais e marítimos.

    3. Elaborar un estudio da instalación dun sistema de aluguer de bicicletas nos nosos paseos fluviais e marítimos, para fomentar o turismo e o exercicio físico entre a nosa poboación.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.