20 septiembre 2019

Unha veciña leva dende Xuño de 2018, esperando solución á situación de inseguridade nas escaleiras do Centro Cívico de Arteixo

En Xuño de 2018 unha veciña se puxo en contacto co Concello de Arteixo para denunciar esta situación e dixéronlle que llo comunicarían a tódolos membros da corporación, pero tivémonos que enterar por unha publicación súa nas redes, xa que nunca comunican nada á oposición, é dicir, quen desexe comunicarnos algo debe facelo directamente, porque a transparencia brila pola súa existencia en Arteixo. Dende fai un ano e tres meses segue esperando unha solución e nos queremos saber que fai o concello ante este perigo, presentamos este rogo no concello para pedir premura nunha solución.





ROGO

As escaleiras de acceso aos distintos andares do Centro Cívico Cultural de Arteixo foron deseñadas cunhas varandas laterais perigosas, no senso de que un cativo ou cativa podería escalar ou incluso colarse por elas. Para evitar eses riscos instaláronse nalgunhas desas varandas unha protección acristalada. Non obstante, a escaleira de acceso ao andar superior, na súa marxe esquerda, non dispón nin de varanda nin de dita protección (a pesar de contar cun oco de 16 cm ata a parede). O actual CTE especifica que é necesaria varanda de protección nos desniveis, ocos e aberturas cunha diferencia de cota de 55 cm. Asemade, indica que as varandas non poden conter elementos escalables nin aberturas que poidan ser atravesadas por unha esfera de 10 cm de diámetro.

·         Por todo iso, rogamos premura na instalación dunha protección axeitada nas escaleiras de acceso ao andar superior do Centro Cívico Cultural de Arteixo, na súa marxe esquerda, así como a revisión do resto de varandas existentes.



No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.