30 octubre 2019

Moción pedindo a creación da figura de Cronista Oficial no Concello de Arteixo


Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo cremos que compre darlle un impulso aos traballos pola nosa cultura que dende fai tempo se realizan por parte do escritor Xabier Maceiras, sempre dende o altruísmo e a dificultade de dar fruto a un traballo que atopa con problemas de tipo económico para poder plasmalo en papel ou en base dixital e que logo queda para o disfrute de tódolos cidadáns do noso concello. 

A nosa historia, territorio, as nosas personalidades, anécdotas, toponimia,..., son unha conta pendente no Concello de Arteixo e compre darlle un pulo, para elo pedimos a creación da figura do Cronista Oficial e dende o Grupo Municipal Socialista xa anunciamos que propoñeremos ao Pleno do Concello que faga as xestións oportunas para convencer a Xabier Maceiras para que se presente a dita honra. 




MOCIÓN

A figura de Cronista Oficial é un ente creado por moitos concellos ao longo do territorio español e galego coa tarefa de defender os valores culturais do seu municipio, promover a investigación ao seu redor, así como asesorar ás autoridades e organismos da Administración sobre as cuestións expostas anteriormente. Asegurar arte, folclore, heráldica, tradicións, toponimia, literatura, etc. que se refiren ao ámbito do municipio.
Os concellos noméanos en virtude das características e coñecementos que o candidato/a ten sobre a poboación na que reside, cuxo papel exercen de xeito honorífico de acordo co seu "amor e dedicación" ao municipio.

Arteixo é un concello onde compre recuperar a historia, poñer en valor o seu pasado para ter futuro como concello, hai que poñer en valor a nosa cultura e recuperar todo o que sexa posible a nosa historia. Dende fai anos, o noso veciño, Xabier Maceiras leva desenrolando unha función de recuperación da memoria e posta en valor da nosa cultura coas dificultades económicas e de traballo que esto supón, pero con gran éxito no seu traballo.

Dende a administración local debéramos involucrarnos máis e facelo poñendo en valor o traballo que se realiza, ademáis de poñer a disposición os medios necesarios para que o traballo que se fai sexa cada vez mellor e máis doado de realizar.

Achegamos un regulamento tipo de Cronista Oficial, extraído do Concello de Vegadeo:



 Proposta de Regulamento Cronista Oficial de Arteixo

CAPÍTULO PRIMEIRO. Nomeamento do Cronista Oficial do Municipio de Arteixo.

Sección primeira. Condicións

Artigo 1. Requisitos

O nomeamento de Cronista Oficial do Municipio de Arteixo recaerá sobre persoas físicas que se distinguiron no seu labor de estudo, investigación e difusión dos temas relacionados co Municipio de Arteixo.

Artigo 2. Número

1. A condición de Cronista Oficial do Municipio de Arteixo non poderá recaer en máis dunha persoa.
2. Sen prexuízo diso, a Corporación poderá, por acordo plenario, incrementar o número de cronistas nos termos que estime oportunos.
3. O Concello poderá, así mesmo, designar un axudan­te que apoie ao cronista na realización das súas funcións, ademais da posta ao dispor dos medios materiais e persoais necesarios para o logro dos mesmos.

Sección segunda. Procedemento

Artigo 3. Iniciación

1. O procedemento para o nomeamento de Cronista Oficial do Municipio de Arteixo, iniciarase por resolución da Alcaldía-Presidencia, xa sexa de oficio ou a proposta de calquera persoa, entidade ou asociación.

2. Á proposta de iniciación do expediente deberá acompañarse memoria na que se especifiquen os méritos que concorren no candidato proposto, xunto con recensións biográfica e bibliográfica.

Artigo 4. Instrución

1. A instrución do expediente dirixirase a acreditar e valorar os méritos do candidato en canto á súa obra ou actividade relativa ao Municipio de Arteixo.

2. Dentro da tramitación do expediente poderán solicitarse facultativamente informes de entidades de recoñecido prestixio na materia.
3. Antes de formularse a proposta de nomeamento darase audiencia do expediente ao candidato ou candidatos.

Artigo 5. Resolución

O nomeamento de Cronista Oficial do Municipio de Arteixo acordarase polo Pleno do Concello, a proposta da Alcaldía-Presidencia.

CAPÍTULO II. Contido do título de Cronista Oficial

Sección primeira. Caracteres xerais

Artigo 6. Carácter honorífico O título de Cronista Oficial do Municipio de Arteixo é puramente honorífico e non comporta o dereito para percibir retribución económica algunha, sen prexuízo de compensación de gastos a que se refire o artigo 9.

Artigo 7. Duración

1. O título de Cronista Oficial do Municipio de Arteixo ten carácter vitalicio. 2. Iso, con todo, poderá cesar por decisión propia ou, en caso de incumprimento das súas obrigacións, por acordo do Pleno do Concello.

No primeiro suposto, recibirá o título de Cronista Honorario do Municipio de Arteixo.

Sección segunda. Obrigacións e dereitos

Artigo 8. Obrigacións

O Cronista Oficial comprométese a realizar as seguintes tarefas:

1. Emitir a súa opinión e evacuar consultas sobre aqueles temas relacionados coa historia do Municipio de Arteixo, ou aqueles que a Corporación, por medio da Alcaldía-Presidencia, estime oportuno someter á súa consideración. A petición da opinión ou consulta efectuarase pola Alcaldía-Presidencia.
2. Redactar unha memoria anual que se denominará "Crónica de Arteixo", na que se recollan os principais acontecementos sociais, culturais, políticos e de todo tipo relacionados co Municipio.
3. Conservar para o futuro os recordos de noso pasado, xa sexa na súa forma documental, tradicións, costumes, etc.
4. Conservar para o futuro todo o que, ocorrendo na actualidade, poida ter interese para as xeracións futuras.

Artigo 9. Dereitos

O título de Cronista Oficial outorga os seguintes dereitos:

1. A recibir do Concello unha medalla conmemorativa do nomeamento e distintiva do título, segundo deseño que se especifica en anexo.
2. A contar coa oportuna acreditación, expedida polo Concello, que lle permita realizar o seu traballo.
3. Á compensación, previa xustificación, dos gastos xerados como consecuencia do encargo conferido de realizar algún estudo ou investigación de carácter excepcional pola súa complexidade ou polo investimento de traballo que requira, ou que esixa a realización de viaxes ou a adquisición de medios materiais específicos.
4. A ser convidado os actos públicos organizados polo Concello.
5. A recibir gratuitamente un exemplar de todas as publicacións editadas polo Concello a partir do seu nomeamento.
6. A acceder aos fondos do Arquivo e das Bibliotecas e Hemeroteca Municipais para a súa consulta e estudo. En todo caso, o acceso aos datos obrantes en expedientes e rexistros administrativos efectuarase nos termos que dispoña a lexislación vixente na materia.
7. A utilizar o material e medios técnicos que se poñerán á súa disposición no Arquivo municipal para facilitar o desenrolo do seu labor.
8. A ter á súa disposición un despacho adecuado, dentro do Edificio onde se sitúe o Arquivo Municipal, para a realización das tarefas propias do seu cargo.
9. Á publicación por parte do Concello da "Crónica de Arteixo", sempre que a Corporación considéreo oportuno.

CAPÍTULO III. Competencias

Artigo 10. Competencia xeral

Sen prexuízo das competencias atribuídas por este Regulamento a distintos órganos e servizos municipais en materias concretas, todas as cuestións que se susciten referentes á figura do Cronista e á súa actividade e relacións co Concello canalizaranse a través da área de Alcaldía.

DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA
O presente Regulamento entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no DOGA, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXO II Deseño da medalla conmemorativa do nomeamento de Cronista Oficial do Municipio de Arteixo

A medalla será de prata sobredorada, con forma ovalada de 55 milímetros de longo por 45 milímetros de ancho, e acharase pendente dun cordón vermello carmesí. Presentará: No anverso, o escudo de Arteixo e, rodeándoo por baixo, a lenda "Cronista Oficial do Concello de Arteixo". No reverso, o nome e dous apelidos do agraciado/a, así como a data do seu nomeamento


Polo anteriormente exposto, esta Corporación Local insta o Goberno Local a:

  1. Crear a figura de Cronista Oficial do Concello de Arteixo.
  2. Elaborar e aprobar un regulamento sobre esta figura coa participación de tódolos grupos de este concello.
  3. Establecer o mecanismo de elección desta figura

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.