25 octubre 2019

O DELEGADO DO GOBERNO EN GALICIA REUNIUSE HOXE CO VOCEIRO SOCIALISTA EN ARTEIXO, E TRANSMITIULLE A DISPONIBILIDADE DO GOBERNO DE ESPAÑA A VALORAR E ESTUDAR A PROPOSTA DE CONCELLO DE ARTEIXO E XUNTA DE GALICIA CON RELACIÓN AO ENLACE DO PORTO EXTERIOR POR ESTRADA


O voceiro do Grupo Municipal Socialista en Arteixo, Martín Seco, reuniuse esta mañán co Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para preguntarlle pola posición do Ministerio de Fomento en relación coa proposta de convenio feita pola Xunta de Galicia e Concello de Arteixo en datas pasadas.

Dende o Goberno de España e o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo recibimos con sorpresa unha iniciativa que non é novedosa, posto que leva sendo a posición da unanimidade dos grupos políticos presentes no Concello de Arteixo dende a presentación do Estudio Informativo polo Goberno de Mariano Rajoy, do que a Xunta de Galicia nunca dera unha valoración positiva durante os anos que o PP estaba instalado en Moncloa, resaltando  que é curioso que esta proposta saia a menos de 20 días das eleccións xerais e cando o Goberno do PSOE estivo só 10 meses no goberno e agora está en funcións, debido ao propio bloque do PP de Calvelo e Feijóo, e non ten capacidade de asinar ningún tipo de convenio deste tipo. Tampouco é coñecida a posición da propietaria da concesión que a Xunta de Galicia otorgou á AG55.

Por todo isto, esta proposta semella un anuncio electoralista do PP de Feijóo, que quere aferrarse a algunha mensaxe electoral despois dos seus 11 anos de nula xestión e os 7 de inactividade de Mariano Rajoy, gobernos que castigaron ás comarcas de A Coruña, Bergantiños e a Costa da Morte cunha peaxe nunha Autopista que fora planificada como Autovía libre de peaxe.


Dende a Delegación do Goberno en Galicia transmitíronlle ao voceiro socialista, para que llo comunicara á Corporación Local de Arteixo, que aínda que a proposta semella unha cortiña de fume, no Ministerio de Fomento están dispostos a valorar e estudar a idoneidade da proposta realizada, se fan un plantexamento serio, equilibrado e ben documentado e xustificado no beneficio dos usuarios da nosa comarca.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.