11 noviembre 2019

O Goberno do PP en Arteixo segue sen dar solucións ao veciños de Montequeno despois de que o Grupo Municipal Socialista presentara un rogo pedíndolle medidas para garantila seguridade vial dos nosos veciños



Xa fai máis dun mes que dende o Grupo Municipal Socialista presentamos un rogo en sesión plenaria para esixirlle solucións ao Goberno Local de Carlos Calvelo ante a situación de inseguridade viaria que viven os veciños de Montepequeno, veciños que levan anos pedíndolle aos seus gobernantes que tomen medidas pola circulación de vehículos que se achegan ao seu posto de traballo no polígono de Sabón e circulan a decenas por unha rúa que non está adaptada para o dobre sentido, que non ten beirarrúas nin espazos para peóns e non ten fórmulas para limitar a velocidade.
Dende aquela a denuncia, nada mudou, os nosos mandatarios nin proxectan solucións a medio prazo, nin actúan con premura para garantir a seguridade, botamos de menos a un goberno que poña a disposición da veciñanza ao corpo da policía local para que evite que os vehículos circulen por unha rúa que non está preparada para absorber este tráfico, pero dificilmente vai a poder darlle solucións, cando nin tan sequera é capaz de garantir a normalidade de funcionamento deste colectivo de traballadores públicos.
Despois de esperar e non visualizar solucións, nin tan sequera algún tipo de actuación para paliar este perigo, os socialistas responsabilizamos ao PP de calquera desgraza que poida suceder nesta rúa, algo que esperamos que non teña lugar.

Podedes velos vídeos do denunciado neste enlace:




No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.