23 enero 2020

A ineficiencia do grupo de goberno do PP refléxase no orzamento de 2020


En resumo: A ineficiencia do grupo de goberno do PP refléxase no orzamento de 2020, que ten que incorporar máis de tres millóns de euros nun crédito para poder executar obras orzamentadas no 2018, prorrogadas no 2019, e que non pode seguir incorporando máis ao orzamento deste xeito

Imaxe: El Diario de Arteixo (https://eldiariodearteixo.com/index.php/2020/01/22/presupuestos/)

O Voceiro Socialista no Concello de Arteixo, Martín Seco, expón a súa preocupación, pola falla absoluta de capacidade de xestión dos actuais concelleiros do PP, que teñen nas súas mans unha embarcación de luxo e non saben pilotar nin un bote a remos

Dende o Grupo Municipal Socialista levamos tempo preocupados pola absoluta falla de xestión que existe no Grupo de Goberno de Carlos Calvelo, acrecentada agora pola desgrazada perda do concelleiro máis capaz do goberno local, esta situación vese acrecentada pola falla de asesoramento á que renunciou o PP, co nomeamento de o número máximo de persoal de confianza permitido por lei, que excepto no caso de Álvarez Campana, dista moito de facer esa labor, que son incapaces de realizar a maioría dos concelleiros de goberno.

Hoxe sae reflexado nos medios un incremento da cuantía do orzamento do Concello de Arteixo para 2020, pero lonxe de ser unha boa nova, este aumento ven derivado dun artificio contable para intentar recuperar partidas que xa foran orzamentadas en 2018, incorporadas a 2019 e que de non ter actuado baixo a petición dun crédito neste orzamento, terían desaparecido ao non poder incorporarse como tal neste ano.

Levamos anos avisando de que os orzamentos son irreais, que non se executa o orzamentado, que pasa o mesmo cos orzamentos do 2019, que a capacidade de xestión dun concello complexo como é Arteixo, debe estar en mans de xente capacitada, para desenvolver un pobo con moitas posibilidades e agora estamos simplemente en mans do desenrolo privado e de externalizar aquelo que son incapaces de organizar dende o goberno. No día de onte, pedímoslle unha vez máis ao Alcalde que se pensa recuperar a praza de asesor que queda vacante coa incorporación do novo concelleiro, aproveitase para contratar a unha persoa cualificada en ámbito no que estamos sen dirección política, e se deixe de ciontratar a amigos e familiares do PP.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.