24 enero 2020

O Goberno do PP en Arteixo debe poñer os medios para garantir que a veciñanza non volva a sufrir o acontecido co incendio da planta de compostaxe do Rañal


Solicitaremos información sobre a situación da planificación urbanística e o control das actividades levadas a cabo polo Concello de Arteixo antes, durante e despois da incidencia; e sobre a comunicación pública efectuada sobre o suceso.

Fuente: El Diario de Pontevedra


O Grupo Municipal Socialista de Arteixo presentou esta semana varias preguntas para que o goberno local do PP as responda no pleno do próximo xoves 30.

Entre elas figuran preguntas, dirixidas ao Concelleiro Delegado de Urbanismo, Alberto Castro, sobre a planificación urbanística, como a paralizada elaboración do PXOM, 9 anos despois do inicio do seu mandato, tamén para previr este tipo de emerxencias. Asemade pregúntalle se considera unha boa decisión autorizar a apertura dunha planta de compostaxe nunha ubicación tan próxima á principal zona deportiva e escolar de Arteixo.

Os socialistas aproveitan tamén para preguntar cales foron as actuacións de control da planta levadas a cabo polo Concello antes, durante e despois do incendio, e critican a falta de comunicación coa cidadanía, preguntando cal foi o protocolo de comunicación utilizado.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.