05 marzo 2020

O PSOE de Arteixo celebra a inclusión do compañeiro Martín Seco en postos de saída nas autonómicas


Tras a publicación onte no Diario Oficial de Galicia das candidaturas definitivas ás vindeiras eleccións autonómicas do 5 de abril, a comisión executiva municipal celebra, en nome de toda a agrupación de Arteixo, a inclusión do compañeiro Martín Seco na terceira praza das listaxes.

Trátase dun paso importante para a nosa agrupación en particular e para a cidadanía de Arteixo en xeral, ao garantir representación no Parlamento de Galicia do 11º municipio con máis poboación de Galicia (o 6º da provincia de A Coruña).

O compañeiro Martín levará a Santiago as demandas dunha poboación en aumento e cunha media de idade baixa, con altas taxas de natalidade. Necesidades como a construción dun novo Centro de Educación Infantil e Primaria, a implantación do bacharelato na zona norte do Concello, a mellor dotación de persoal, medios e horarios dos centros de saúde, a liberación da peaxe da AG-55, melloras na AC-552, etc.

O compañeiro ponse a disposición da veciñanza e dos medios para calquera cuestión que consideren de interese.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.