21 mayo 2020

O PSdeG-PSOE preguntará pola situación dos traballadores que desenrolan servizos para o noso concello, algún deles en situación de ERTE, despois de que o goberno do PP en Arteixo anunciase que non terían lugar


Martín Seco: “O Goberno Local transmitiu aos medios de comunicación que o Concello de Arteixo mantería os 400 postos de traballo das concesionarias de servizos municipais, pero atopámonos que servizos como Axuda a Domicilio, Conserxería e limpeza ou a Piscina Municipal teñen aplicados ERTES a parte ou a totalidade dos seus traballadores” 


O Grupo de Goberno do PP transmitiu aos medios de comunicación que o Concello de Arteixo mantería os 400 postos de traballo das concesionarias de servizos municipais sen acudir a ERTES, pero o paso do tempo mostrounos que servizos como a Axuda no Fogar, a Conserxería e Limpeza ou a Piscina Municipal, levaron a cabo ERTES a parte ou a totalidade dos seus traballadores. 

Nas diferentes reunións da Comisión de Seguimento do COVID19 do Concello de Arteixo, o PSdeG-PSOE preguntou por esta situación e incluso no caso de empresa que leva a cabo a prestación da axuda a domicilio, advertiu das chamadas que se facían dende a empresa concesionaria aos usuarios do servizo, onde se lles anunciaba que paralizaban o servizo e que esta parálise se facía de acordo coa Concellería de Servizos Sociais, algo que non negaron dende o Partido Popular e que tiveron que rectificar en casos que mostraron a súa contrariedade e necesidade do servizo, agora vemos que dende o PSdeG-PSOE non estábamos tan errados cando advertíamos de que esta redución de servizos, traería consigo problemas para manter os postos de traballo, cando a carga laboral é moito menor e tampouco sabemos cal vai a ser a posición do goberno local ante as queixas das traballadoras do servizo e a situación da empresa. 

No caso da piscina municipal, dende o PSdeG-PSOE pedimos ao noso alcalde que intentase negociar coa empresa concesionaria que non chegasen a aplicar un ERTE aos seus traballadores ou que a empresa retirase o presentado a cambio de renegociar as condicións da concesión, como se fixo coa Escola Infantil Municipal, pero non temos información de dita comunicación, pese a que se reiterou esta posibilidade ao noso alcalde. Ademais tampouco coñecemos se o concello levou a cabo negociacións coa empresa concesionaria do servizo de Conserxería e Limpeza para evitar os ERTES presentados.

Agora sabemos que existen traballadores de concesionarias que non tiveron que acudir ao ERTE e outros que están inmersos nun expediente deste tipo, cun trato diferente e somos descoñecedores de cales serán as decisións que se tomarán a partir deste momento por parte do goberno local, máis preocupado de aprobar suplementos de crédito que de ser eficaces na xestión e executar aquelo que teñen entre mans, no pleno ordinario deste mes preguntaremos por dita situación.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.